Como no km. 76,600 o Camiño está cortado tivemos que rodear pola aldea de Valiña (Friol) para poder chegar a Senande (Palas de Rei). Para que quede ben claro de onde está cortado o camiño e cal foi o rodeo, marquei todo nun mapa 1:25.000. A liña roxa é o percorrido do Camiño Primitivo e os puntos azuis o desvío que tivemos que coller.
O chegar Á Valiña paramos a falar cunha señora, ben amable por certo, que foi quen nos dixo por onde tiñamos que ir. Contounos moitas mais cousas dende a outra beira da cancela da súa casa e ata me deixou que lle fixera unha foto (foto 1).
Mentres íamos pasando pola aldea fixeime que alí, as palleiras aínda conservan esas pechaduras de ferro (foto 2) cada vez mais escasas, e que as manillas das portadas tamén están decoradas (fotos 3 e 4) como as da Ulloa, e que a arquitectura é a mesma que no norte da nosa comarca (foto 5). A Valiña administrativamente pertence ó concello de Friol pero a súa comarca natural é A Ulloa. Como pasa a maior parte das veces, as fronteiras están nos mapas pero non nos lugares.
Uns trescentos metros despois de saír da Valiña atopamos o “prado da discordia” (foto 6): na cima daquel prado, xunto as árbores está a outra beira do Camiño cortado.
Detalles do rodeo dado para ir dende o marco do km. 76,600 (O Paraño, Friol) á aldea de Senande (Palas de Rei) no km. 76,140.
No hay comentarios:
Publicar un comentario