Mostrando entradas con la etiqueta Cruceiros Esmoleiros e Petos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cruceiros Esmoleiros e Petos. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de noviembre de 2009

A copia do cruceiro de Alvidrón




































































A 1 quilómetro de Santa Mariña cara a Frádegas e xusto fronte a pista que aparta cara Vilasante, está, ó pé da estrada, a copia do cruceiro de Alvidrón (foto 1).
A mesma base, a mesma bola, as mesmas imaxes... pero de feitura ben diferente.
¿Por que creo que este é unha copia do anterior? Pois por varios detalles iconográficos e ,sobre todo, porque os copiados sempre son os mellores e o mellor tallado, sen dúbida é o de Alvidrón.

Imos por partes. A virxe de Alvidrón está feita con moito mais detalle, a cara é mais expresiva, o manto ten marcados os adornos, o pedestal está tallado... pero tamén hai outros detalles, por exemplo, o normal é que os puñais repártanse catro do lado dereito e tres do esquerdo e que a virxe coloque a súa man dereita sobre a esquerda, tal como sucede no cruceiro de Alvidrón e xusto ó contrario que neste (foto 2). Ca imaxe do cristo (foto 3) sucede o mesmo, en Alvidrón a cabeza do cristo está lixeiramente inclinada e ladeada o que demostra unha maior dominio técnico fronte ó do autor do cristo deste cruceiro. Por último, os radios da bola deste cruceiro fanse con trazos moito mais simples que chegan a cruzarse entre eles, mentres que en Alvidrón conservan a seu paralelismo.

Outro detalle que me fai pensar que esta é a copia é o seu emprazamento, lonxe da igrexa, aínda que pode que estea marcando o camiño a Vilansante ou pode que alguén morrera alí e por iso ó puxeron (costume que aínda existe hoxe nos sitios das estradas onde se producen accidentes de coches con mortos). Son conxecturas pero difícil supor que fronte a igrexa de Alvidrón non existira ningún cruceiro e si ó houbese aquí.

Dende logo, o que si lle teño que agradecer ó autor deste cruceiro é que tivese o detalle de gravar a data na súa base (foto 4), que aínda que é difícil de apreciar na fotografía pon: ANO 1836.


Detalles da copia do cruceiro de Alvidrón.
Entre Santa Mariña e Frádegas.
Santa Mariña de Castro de Amarante.
Antas de Ulla

martes, 10 de noviembre de 2009

O cruceiro de Alvidrón: cronoloxía





















































A Ulloa ten mais dun cento de cruceiros (fácil de saber porque hai 90 parroquias e en moitos casos mais dun) e un dos mais retratados é o cruceiro de Alvidrón (foto 1). Penso que a razón non está na súa antigüidade senón na súa peculiar Virxe das Dores (foto 2) e o lugar ven visible no que agora está, xa que seu emprazamento orixinal (polo las novas que me deu o amigo do Lar dos avós) non era ese senón que , ata o ano 1978, estaba na saída da praza da igrexa na entrada ó camiño que vai a Mancegar, e por aquelas aínda conserva os tres pasos da súa base.

Estiven a buscar datos sobre a súa cronoloxía pero son ben confusos. Hai autores que din que é do século XVIII outros do XIX e hai que dixo que foi feito o século pasado. Logo estiven a mirar outros cruceiros similares en Galicia e é curioso que das mais de 1.000 fotografías que vin so 32 tiñan bola, e desas só 4 tiñan as imaxes de Cristo e da Virxe, porque o normal nese tipo de cruceiros é que so teñan a cruz ou, como moito, o Cristo na cruz. Así xa cheguei a conclusión que o de ter unha bola en lugar da base cadrada é pouco común e mais raro aínda plantarlle enriba as dúas imaxes.

A Virxe das Dores non comezou a representarse con sete puñais cravados no corazón ata o século XVI (en Flandes) e esta iconografía non se espallou por España ata finais do século XVII. En 1727, Benedicto XIII, engade a imaxe da Virxe das Dores a festa do Venres da Paixón e polo tanto a virxe do cruceiro de Alvidrón sempre sería posterior a esta data.
Por outra banda atopei a inscrición da copia deste cruceiro (do que xa falarei o próximo día) que en concreto di: ANO 1836.

Polo tanto, o cruceiro de Alvidrón fíxose entre a segunda metade do século XVIII e o principios do XIX e non no século XX, a non ser que o cruceiro de Alvidrón sexa a copia e o feito en 1836 sexa o orixinal (que todo pode ser nesta Ulloa nosa).


Xeral e detalles do cruceiro.
Alvidrón.
Antas de Ulla.


Se queres ver as zocas da virxe de Alvidrón, atravesa o espello cara A Outra Ulloa

lunes, 18 de mayo de 2009

O Cruceiro de Amoexa


























































Na base deste cruceiro unha inscricción di: "Esta obra la izo Domingo Ramón Varela de Ludeiro 1862".
O seu segundo apelido non ó sei, ise "de Ludeiro" refirese o seu lugar de nacemento: a aldea de Ludeiro, en Antas de Ulla.

Cóntase que, de novo, foi a Santiago a escola de Artes e Oficios e que, para superar ó que hoxe sería a proba de acceso, mandáronlle facer un mazo de madeira. Ramón pediu có deixaran só nunha habitación e pechouse alí día e medio. O cabo dese tempo os profesores foron a velo e enseñouse o seu mazo, aparentemente un mazo normal. Os mestres protestaron e dixolles ca arte estaba en petar con el. Eles petaron, o mazo abriuse e dentro apareceu unha pequena talla que representaba á Sagrada Familia. Ó velo, os profesores dixéronnlle que podía marchar, cos cursos que alí se facían xa os tiña aprendidos.

Non sei se esta historia é unha lenda sobre el pero a súa destreza na arte de esculpir queda mais que patente vendo a calidade deste cruceiro. Engadir que a Domingo Ramón lle gustaba pintar as súas pezas e de aí ven esa policromía no manto da Virxe (foto 3), na columna do cruceiro (foto 1) e na cabeza dos anxos (fotos 2); policromía orixinal que ata fai un dous anos, cando se restaurou (quedara esnaquizado ó bater un camión nel), estivo tapada por un repinte cun veciño da aldea fixera xa fai tempo.


Vista xeral do cruceiro e detalles do Cristo e a Virxe.
Amoexa.
Antas de Ulla.

jueves, 26 de marzo de 2009

O cemiterio de peregrinos de Ligonde
































No centro da aldea de Ligonde existía un camposanto para peregrinos e, de feito, ainda existe porque os ósos alí siguen, debaixo da terra do Naval Grande.
Fai anos o recinto, que estaba delimitado por valados de pedra, ocupaba uns 20 metros de largo por cinco de ancho. Esa delimitación, xa moi deteriorada, deixou de existir fai mais dunha década, cando os donos do terreo agregaron a "horta dos romeiros" (curioso facer unha horta nun cemiterio) ó naval (e... ¿a qué sabería ese caldo de navizas? ¿a caldo de ósos?).
Nos anos setenta, o recinto aínda conservaba as cruces, cruces que, polo que din os veciños, son as que na actualidade rodean a igrexa de Santa María de Tarrio. (Descoñezo a data na que foron sacadas para plantar a horta).
No outono de 1985, o ciminterio sufriría outro traspés. Nesas datas a pista que cruza Ligonde foi ancheada, polo que, tanto a cruz que sinala o lugar do cemiterio como o valado que linda co camiño, foron trasladados varios metros hacia atrás. Di Yebra de Ares que daquel movemento de terra sairon un bo número de ósos que recolleu e levou o Museo Provincial de Lugo.

(¿E seguerían recollendo navizas?).


Detalles da cruz que marca o lugar do cemiterio.
Ligonde.
Monterroso



sábado, 28 de febrero de 2009

O peto das ánimas Santiago de Alba














Na praza da igrexa de Albá, ó carón da quexería Arqueixal, e despois de varios traslados, atopou o seu sitio o único peto das ánimas que conservamos na comarca da Ulloa (único por que agora xa sei que o de Verín non é un peto senón un esmoleiro).
Non amosa inscricións pero dixome Luis de Arqueixal que o seu pai si acordaba o retablo que tiña dentro. Por outra banda, lin no libro de Fernández de la Cigoña "Esmoleiros, petos e cruceiros de ánimas en Lugo", que noutros tempos tiña, o parecer, un retablo de madeira policromada, motivo de mais para que, os piratas da arte que invadiron Galicia da década dos sesenta e setenta, o roubasen.
No burato que quedou podense ver os restos das anclaxes da reixa co gardaba, así como o burato da caixa das esmolas.

Albá garda mais segredos que xa irei contando.

Peto das ánimas.
Santiago de Albá.
Palas de Rei

jueves, 26 de febrero de 2009

O Cruceiro de Fente











































No camiño que sube cara a igrexa, no medio e medio da estrada, topamos co cruceiro. Descoñezo a data no que foi feito pero de seguro que un exemplar antigo. Hai cousas nel que fixeron pensar no cruceiro de Ligonde: baixo os brazos da cruz ten grabadas nunhas tenazas e un martelo (os símbolos da pasión). Nos laterais dous haomes soprando por un corno de vaca (ou boi), e no reverso da cruz unha dolorosa xunto a un látigo e outra cousas que non supen ver.

Sen dúbida vale a pena pararse a mirarlo con detenimento.

Detalles do cruceiro.
Fente.
Monterroso.

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

miércoles, 28 de enero de 2009

O esmoleiro de Verín




















Ata onte, eu cría que en Verín había un peto das ánimas, pero lendo un libro de Fernández de la Cigoña souben da diferencia entre peto das ánimas e esmoleiro.
As construccións poden ser similares, pero o peto contén no seu interior un retablo no que se representas as ánimas penando no Purgatorio ou no seu defecto unha inscrición que faga referencia expresa a elas, contén ademáis un caixón para as esmolas que se aplican a salvación destas. Pola contra, o esmoleiro, contén unha imaxe de Cristo, a Virxe ou dun santo, e pode ter, ou non, caixón.
Segundo este libro, "Esmoleiros, petos e cruceiros de ánimas de Lugo", o de Verín foi feito por orden de Manuel García Oro nos primeiros anos do século XX e pertence a casa que atopa case o seu carón. No seu interior había unha imaxe de San Roque ou San Antonio (santos agrícolas por excelencia) que foi roubada e que xa non se atopaba nel no ano 1975.

Deixo así correxida a entrada do Peto das ánimas.

Esmoleiro de San Roque de Verín.
Parroquia de San Lourenzo de Peibás.
Antas de Ulla

viernes, 9 de enero de 2009

O cruceiro de Ligonde



























Sin dúbida este é o cruceiro mais visitado de toda A Ulloa.
Situado a carón do Camiño de Santiago no lugar coñecido como A Chousa da Cruz, os peregrinos deixan o seu pé pedras, peticións, fotos, estampas e ata caramelos.
No lateral da cara norte existe unha inscrición que di: D. ARES CONDE I ULLOA ME FECID AN(o) 1674. Na outras caras os símbolos da pasión de Cristo: una escada, un martillo e unhas tenazas; unha calavera cruzada con osos e por último, na cara sur, un látigo xunto con uhna coroa (¿de espiñas?).

Os Lameiros.
Parroquia de Ligonde.
Monterroso

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Peto das ánimas




















Peto das ánimas.
Que eu saiba é o único que se conserva na Ulloa, pero a Ulloa é moi grande é os meus coñecementos moi pequenos.

Verín.
Antas de Ulla.

lunes, 1 de diciembre de 2008

Cruceiro de Alvidrón














Detalle da Virxe.
Cruceiro de Alvidrón.
Antas de Ulla.

Topei na rede unha foto deste cruceiro que é para sacarse o sombreiro:
a foto de Menacho