Mostrando entradas con la etiqueta Pontes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pontes. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de marzo de 2009

A Ponte do Rolo de Castro de Amarante















































Ó pé do Farelo está Castro de Amarante, e dese monte (o meu monte) baixan regatos que na aldea se chaman ríos.
Para que non se me esqueza escribo nesta entrada o que me dixo Teresa Varela Carnero sobre as sete pontes do Castro.

"No Castro hai sete pontes:
  1. A PONTE DA LAMA, xunto ó muíño de Pérez, que tiña unha barrandilla de pedra que fixo ó papá e que tiraron cando sacaron os pinos do Farelo porque non daban pasado. E as pedras inda están no río.
  2. A PONTE DO ROLO, que se chama así porque as pedras, de tan gastadas, arrolaban, e tamén porque ó muíño vello chamábanlle Do Rolo.
  3. A PONTE DAS TABLAS, que vai polo Camiño Real e antes tiña tablas. Xa pasada a ponte, no Camiño Real están enterrados os cordós umbilicais dos irmáns da Casa Varela, para que tivésemos boa memoria.
  4. A PONTE DA CARRETERA, a da nacional, que tamén tiña barrandilla de pedra onde nos sentábamos.
  5. A PONTE RECECENDES, que tiña pasos de pedra antes de facer a ponte nova.
  6. A PONTE DOS AVINEIROS, por debaixo da Casa do Quinteiro e que tamén é de pedra.
  7. E, A PONTE DO PONTILLÓN, indo pola carretera cara a Ponte do Estanco."
Aquí quedan as palabras de Teresa como proba da boa memoria dos irmáns Varela.


Detalles da Ponte do Rolo.
Castro de Amarante.
Antas de Ulla


viernes, 26 de diciembre de 2008

Ponte romana de Ferreira















Sobre o río Ferreira e preto no seu nacemento, pequena e firme, mantense unha ponte romana.
Polo lugar pasaba, según os entendidos, a Via Romana que unía Lugo-Iria Flavia. Calzada que na Idade Media convertiríase no que hoxe coñecemos como Camiño Primitivo (de Santiago).

Lateral da Ponte.
Ferreira.
Palas de Rei.