O saír das Seixas o Camiño segue por unha pista de terra que da servizo as fincas da aldea. Alí atopámonos con unha muller. Levaba unha gadaña, ó fin xuño é o tempo da herba. Paramos a falar con ela porque facía ben tempo que eu non vía segar con gadaña afeita xa, como estou, a ver ás máquinas facendo ese traballo. Pedinlle se me deixaba sacarlle unha foto, entre risas díxome: “¿a unha galeguiña con pañoleta?”. En realidade o que a min me a chamaba atención era a gadaña e a súa cara de boa persoa, non o seu pano. Ela sorriu e posou para a foto. Dinlle as gracias e marchou. Agora, cando me lembro da xente ca que crucei no Camiño e coa que parei a falar, caio na conta que do que mais me lembro non é do Camiño en si, senón das persoas que atopei nel.
Seguimos a andar polas corredoiras, algunha moi chea de lama, para chegar a Casacamiño (foto 5), con un nome que non deixa lugar para as dúbidas. Esta aldea marca o punto onde a paisaxe muda bruscamente do val ó monte pois o Camiño comeza a súa subida cara os penedos de Hospital das Seixas.
Detalles do Camiño entre o km. 68,826 e o km. 67,239
Parroquia de Merlán.
Palas de Rei.
1 comentario:
Ola, canto tempo! que ganas de ir por aí e dar un paseiño, igoal vou a feira de santos, a ver se podo.
A min, as fotos da natureza sempre me parece que non reflexan a beleza ao natural, quédanse cortas, sen embargo, as fotos das persoas paréceme que captan moi ben a expresión e reflexan a "alma" das persoas dun xeito máis claro.
Como sempre, o teu blog é un gusto.
Un bicasso.
Publicar un comentario