domingo, 27 de diciembre de 2009

O muíño das Lavandeiras



































































































O muíño do río Lavandeiras, situado a carón da estrada que une Fente con A Graña, é un fermoso exemplar de muíño de cubo. Segundo a inscrición que ten sobre a porta (foto 6) data do ano 1808, a min parecéronme moitos anos e, por si acaso a vista me fallaba, repasei os números coa man para saber se exactamente era un 8 ou un 9.
Os seus propietarios, os donos da Casa de Rigueira de San Pedro de Frameán, manteñen en bo estado tanto o edificio do muíño (fotos 1 e 2) como a canle (foto 3) ó que permite que poidamos disfrutar da sinxela beleza do conxunto.
Para subir ata a canle, nun lateral do muro, aínda se conserva un pasadoiro de pedra (foto 4) que leva directamente ó cubo (foto 5).


Xeral e detalle do muíño.
Lavandeiras.
Parroquia de Fente.
Monterroso.

sábado, 12 de diciembre de 2009

O castelo de Amarante en 1925 e no 2009
































Fai 15 días xa falei da exposición de Ruth Anderson na Fundación de Caixa Galicia da Coruña.
Nesa exposición había tres fotografías da Ulloa sacadas no ano 1925, unha delas era a de Pambre, que podedes ver en "O castelo de Pambre no 1925".

A fotografía que tedes aquí é da entrada principal do castelo de Amarante, (ata fai tres anos era a única entrada, durante a restauración abriron outra nova nun lateral) na exposición está exposta xunto con outros hórreos de Galicia e o titulo pon simplemente "Hórreo. Antas de Ulla (Lugo)". Supoño que tamén pon a data pero non tomei nota e para miña desgraza esta fotografía non aparece no libro-catalogo da exposición, pero como a de Pambre e a foto de San Miguel de Penas son do 1925, supoño que esta tamén é dese ano.

Seguindo a idea que xurdiu ó ler un comentario que Zeltia deixou neste blogue, decidín facer as fotos deses sitios na actualidade para comparar os cambios, que como vedes son ben poucos.


Porta principal do castelo de Amarante.
Amarante.
Antas de Ulla.

Fotografía do 1925 de Ruth Matilda Anderson.



Engado hoxe, 11 de xaneiro de 2010, a cuarta fotografía da Ulloa feita por Ruth Anderson. Trátase da lareira do Castelo de Amarante e que atopei gracias a un comentario deixado nesta entrada

jueves, 10 de diciembre de 2009

Cocendo o pan con Pilar e Antonio







































































































































































































































Pilar e Antonio teñen unha casa ó carón do almacén onde eu traballo, fai dous meses fixeron unha fornada e Pilar regaloume un bolico, díxenlles se me podían avisar a próxima vez que coceran e así o fixeron.
Facía mais de dez ou quince anos que non vía cocer o pan na casa e volveume a emocionar ver o proceso desta tradición a piques de extinguirse. O pan foi sementado e recollido por eles. Levouse ó único muíño segue a funcionar en toda a Ulloa. O lévedo era feito na casa. Antonio atento ó forno e Pilar facendo masa. O resultado: un pan "cinco estrelas superior" que eu tiven a fortuna de saborear.



Este é o meu bolico: