sábado, 31 de enero de 2009

Os muíños do Corgo I




















































A complexidade do conxunto dos muíños do Corgo fai necesario plantexarme mais dunha entrada para eles porque, son totalmente consciente, de que é imposible describirlos dunha soa vez, é mais, penso que para entendelos hai que ir alí, e ver o que foi unha obra mestra de inxenería hidraúlica e integración co entorno, que aínda se conserva grazas o empeño dos seus donos por mantelo en bo estado.

O primeiro dos muiños e a tosta foron feitos no século XIX polo herdeiro da casa de Guerra de Sanmartiño de Vilapoupre quen o venderon a Tomás Guerra e a súa dona Andrea (da casa de Guerra de Alvidrón, Antas de Ulla). Xa no século XX, un sobriño diste, emigrante retornado de México, ampliou a canle construindo o aserradoiro, a casa e o muiño grande. Esta obra tivo que supoñer no seu tempo,(coñecendo os medios de traballo de entón) moitos canteiros, axudantes, cartos e tempo empregados na súa construcción.

O conxunto consta de dous muiños, o aserradoiro, unha vivenda e un alpendre. Preto deles pódese ver outro edificio, o actual refuxio de pescadores, que pertencía a outra familia.

As fotografías son un recorrido por eles, dende a ponte indo, río arriba, hacia a tosta da presa, así podedes ver en primeiro lugar o muíño grande e a continuación a casa vivenda, os restos do aserradoiro e o muiño da tosta.

Falarei de cada un deles nas próximas entradas.

Detalles do conxunto dos muíños do corgo.
Antas de Ulla-Monterroso.

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

viernes, 30 de enero de 2009

Pasares de Portosamil















Os pasares, ou pasais, son conxuntos de pedras achantadas no leito do río, de tal forma, que resolvían o paso entre ribeiras sen interrompir as correntes das augas. Emprégabanse en lugares dos ríos con pouca profundidade e certa anchura, pero tiñan o problema de non ser transitables nas épocas de mais caudal.
Moitos fóronse perdendo pero aínda temos exemplos no Ulla como o de Portosamil, moi preto das pontes nova e vella da Pedriña.

Portosamil.
A Pedriña.
Antas de Ulla-Monterroso

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

jueves, 29 de enero de 2009

Porta de Olveda














Non deixan de fascinarme estas pequenas obras de arte, reliquias dun pasado de ferreiros artesáns que, inmunes a modas e aos aires desta invernía, seguen a cumprir co seu labor.

Dunha porta da parroquia de Santa María de Olveda.
Antas de Ulla

miércoles, 28 de enero de 2009

O esmoleiro de Verín




















Ata onte, eu cría que en Verín había un peto das ánimas, pero lendo un libro de Fernández de la Cigoña souben da diferencia entre peto das ánimas e esmoleiro.
As construccións poden ser similares, pero o peto contén no seu interior un retablo no que se representas as ánimas penando no Purgatorio ou no seu defecto unha inscrición que faga referencia expresa a elas, contén ademáis un caixón para as esmolas que se aplican a salvación destas. Pola contra, o esmoleiro, contén unha imaxe de Cristo, a Virxe ou dun santo, e pode ter, ou non, caixón.
Segundo este libro, "Esmoleiros, petos e cruceiros de ánimas de Lugo", o de Verín foi feito por orden de Manuel García Oro nos primeiros anos do século XX e pertence a casa que atopa case o seu carón. No seu interior había unha imaxe de San Roque ou San Antonio (santos agrícolas por excelencia) que foi roubada e que xa non se atopaba nel no ano 1975.

Deixo así correxida a entrada do Peto das ánimas.

Esmoleiro de San Roque de Verín.
Parroquia de San Lourenzo de Peibás.
Antas de Ulla

martes, 27 de enero de 2009

San Salvador de Merlán















Retomo a entrada da miña Árbore de Nadal antes de que se me esqueza.

San Salvador de Merlán é un pequeno edificio románico de finais do século XII. A súa entrada principal foi reformada no século XVI pero o dintel da porta sur permaneceu intacto.

A árbore da vida, aquí flanqueando unha dobre lazada, é un motivo escaso no rómanico galego (Toques, Meira, Sarria e Saamasas o teñen) aínda que tamén aparece noutra igrexa da Ulloa, na de San Miguel de Coence (Palas de Rei). A súa orixe está no libro bíblico do "Génesis": a árbore que confería a inmortalidade, e que na Idade Media era empregado como unha representación da resurección de Cristo.

Detalle do dintel da porta sur.
San Salvador de Merlán.
Palas de Rei

lunes, 26 de enero de 2009

O Muiño de Illoá

























O poder da auga na Ulloa queda patente nos 290 muiños que nestas terras chegaron a existir. Na actualidade non chegan á veintena os que aínda funcionan.

Moi preto dunha das fontes das que nace o Ulla atópase o muiño de Illóa, un dos que sigue a empregarse para moer, aínda que só para uso dos seus donos. A gran curiosidade deste muíño reside na súa canle, xusto no seu último tramo ten un engadido para encorar auga. Este recuncho empregábase para poñer a remollo o liño unha vez era recollido, despois extendíase ó sol no prado que aínda hai o seu carón.

Vista xeral do muíño e detalle da parte final da canle.
Illoá.
Parroquia de Balboa.
Monterroso.

viernes, 23 de enero de 2009

Kaiak 2009















O próximo 7 e 8 de febreiro celebrase de novo o Campionato Galego de Kaiak Extremo nas Torrentes do Ulla.
Aquí tedes unha foto dun dos participantes do ano pasado no tramo do Cachón das Pequeiras. Esta foto está sacada dende a cima da vella canle (no veciño concello de Agolada), unha espectacular construcción feita a mediados dos anos vinte que tiña como fin levar a auga para o seu aproveitamento eléctrico a unha central que nunca se chegou a construir. A diferencia do proxecto de Fenosa, esta canle non encoraba a auga, senón que desviaba unha pequena parte do cauce mantendo a altura inicial ata quilómetro e medio mais abaixo, aproveitando alí unha caída de mais de cen metros.
Para febreiro colgarei as fotos da canle e xa diredes que vos parece.

As Torrentes do Ulla.
Agolada-Antas de Ulla-Palas de Rei

miércoles, 21 de enero de 2009

Pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante

























Xa me tardaba subir fotos do pazo de Santa Mariña.
Edificado a primeiros do século XVI, contén a balaustrada de pedra mais grande de toda A Ulloa, de feito fai tempo leín dela que, cando se estaba a construir, a Casa Real mandou que se acortara o número de balaustres para que non competira en grandeza coa balconada que a propia Casa Real tiña en Galicia. Non sei que ten esta historia de certo pero aí queda.
Impresionantes tamén as chimeneas (imaxinade qué lareira!).

Santa Mariña de Castro de Amarante.
Antas de Ulla

martes, 20 de enero de 2009

O galiñeiro da Ponte Mercé














Esta foto é antiga de feito, hoxe en día, o galiñeiro (rodeado dese encintado tan típico das casas da Ulloa) perdeu a súa portiña porque xa non hai pitas que gardar, mais non perdeu chisca do seu encanto.

A Ponte Mercé.
Palas de Rei.

lunes, 19 de enero de 2009

Santa María de Tarrío


























Feita nos primeiros anos do século XIII, conserva prácticamente íntegra a súa estrutura románica.
Como curiosidade destacar que o recinto da igrexa esta rodeado por unha serie de cruces dispostas como e similar ó que conserva a igrexa de (se non me falla a memoria) Curbián en Palas de Rei. Mais curioso é que esas cruces chegaron alí porque foron sacadas do seu emprazamento orixinal: o cemiterio de peregrinos de Ligonde.

Detalles do via crucis e dos canzorros (canecillos) do muro sur.
Santa María de Tarrio.
Monterroso.

viernes, 16 de enero de 2009

O cabazo de Pidre



































Din cos cabazos eran os hórreos dos pobres, bendita sexa a beleza das cousas humildes!
Cunha estructura moito mais sinxela e moito menos duradeira cos hórreos graníticos, empregábanse (e aínda se empregan) para gardar o millo.
A estrutura facíase entrelazando corras de salgueiro ou mimbio, enchíase coa colleita e tapábase cun tellado feito de palla de centeo, as veces, recuberto con xesta. As mazorcas íanse sacando, segundo a necesidade, por unha pequena porta con trapela que se deixaba na parte mais baixa.

Pódense ver nas aldeas do interior da comarca, aínda que cada vez son mais escasos porque o tempo non perdoa e as mans dos que sabían facelos vanse esvarecendo.

Cabazo e detalle do trenzado.
Pidre.
Palas de Rei

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

jueves, 15 de enero de 2009

San Martiño de Ferreira


























Ainda ca porta Oeste perdeuse, si conserva da obra románica os alzados laterais. A magnífica porta sur fai que valga a pena visitala.

No timpano pode leerse a inscripcion: ANNVS AB CARNATIONE DNI Mº Cº LXXVIIº I ERA MCCX. E curioso que se use o ano da Enacarnación, inusual na epigrafía galega.

Nos capiteis pode verse a figura dun grifo (?) enfrentado a un basilisco(?).

Detalle da porta sur.
San Martiño de Ferreira.
Palas de Rei

miércoles, 14 de enero de 2009

Pozo e bebedeiro















Topeino na beira dun fermoso prado.
O pozo (con cubo e roldana no interior) xunto ó bebedeiro para as vacas.

O peor foi ver xusto no outro extremo do prado unha bañeira reutilizada como novo bebedeiro, pensó que terei que abrir un novo blog para meter as fotos da "outra Ulloa".

Nun prado da Barreira.
Parroquia de Lodoso.
Monterroso.

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

martes, 13 de enero de 2009

Pazo Torre de Cumbraos



























Construída, segundo explican Alexandra e Darío Xohán Cabana no seu libro "Monterroso na Ulloa", a finais do século XV ou principios do XVI por mandato de Álvaro Gaioso e Osorio, do que quedou constancia no escudo da casa.
Á torre anexionouse con posterioridade a edificación que contén a vivenda-pazo.

Torre de Cumbraos e detalle da fiestra sur.
Cumbraos.
Monterroso

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

lunes, 12 de enero de 2009

Igrexa de Cumbraos
















Situada a carón da torre-pazo de Cumbraos, dende elas pódese disfrutar dunhas fermosas vistas do Val da Ulloa.
Románica de planta sinxela, impresionanme os seus grandes canecillos (ou canzorros), desmesuradamente grandes tendo en conta o pequeno tamaño a edificación.

Detalle dos canecillos do lateral sur.
Igrexa de Cumbraos.
Monterroso.

domingo, 11 de enero de 2009

Castelo de Amarante





















































Derruído polos Irmandiños e reconstruído no século XV (probablemente a finais de século) conserva da estructura orixinal unha estructura ovalada a modo de pequena muralla. A destacar do seu exterior o balcón pendurado sobre ménsulas escalodanas na esquina do que, no seu tempo, debeu ser un torreón. Preto deste balcón atopase unha especie de garita semicircular que, lexos de ter unha función militar, era empregada como (podes rir) cagadeiro.

Recentemente foi restaurado.

Detalles do exterior, caras leste e norte.
Amarante.
Parroquia de San Martiño de Amarante.
Antas de Ulla.

viernes, 9 de enero de 2009

As Torrentes do Ulla













































¿Qué sería da Ulloa sen o Ulla?

Eu son da opinión de que o Ulla non nace nin en Monterroso nin nos montes de Olveda (en Antas), senón nunha pequena fonte do noso veciño concello de Taboada.

Axeno a esa polémica o río pasea as súas augas polos tres concellos ulloáns, regalándonos un sinfin de fermosas estampas. Se de todas elas tivese que escoller so unha, esta sería a formada polas Torrentes, como se o río, xusto antes de deixar a súa comarca quixera despedirse pavoneandose da súa grandeza.

Detalle dos saltos do Pozo Negro e o Pozo Branco.
As Torrentes do Ulla.
Antas de Ulla e Palas de Rei.

San Lorenzo de Pedraza















Aínda que a súa orixe é prerrománica foi reformada no ano 1127 según consta nunha inscrición que existe no prebisterio.
Izquierdo Perrín na súa obra "La arquitectura románica en Lugo" escribe: "La fecha le confiere a esta iglesia un lugar destacado en el románico gallego, ya que incluso es dos años anterior al inicio de las obras de la catedral de Lugo"

Detalle dos canecillos.
San Lorenzo de Pedraza.
Monterroso

O cruceiro de Ligonde



























Sin dúbida este é o cruceiro mais visitado de toda A Ulloa.
Situado a carón do Camiño de Santiago no lugar coñecido como A Chousa da Cruz, os peregrinos deixan o seu pé pedras, peticións, fotos, estampas e ata caramelos.
No lateral da cara norte existe unha inscrición que di: D. ARES CONDE I ULLOA ME FECID AN(o) 1674. Na outras caras os símbolos da pasión de Cristo: una escada, un martillo e unhas tenazas; unha calavera cruzada con osos e por último, na cara sur, un látigo xunto con uhna coroa (¿de espiñas?).

Os Lameiros.
Parroquia de Ligonde.
Monterroso

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

jueves, 8 de enero de 2009

O Hórreo de Vilaxoán




















Descoñezo o porqué, o certo é que nas parroquias do primeiro tramo do Camiño de Santiago os hórreos teñen uns fermosos respiros. Neste, o mestre canteiro, tivo a curiosa idea de gravar una serpe.

Hórreo de Vilaxoán.
Parroquia de Lestedo.
Palas de Rei.

(Chouso, este vai para ti, que xa sei que tes debilidade polos hórreos. E tamén para miña irmá, gústame pasear contigo)

miércoles, 7 de enero de 2009

A chamada do novo ano














Pechei o ano coas portas de Vilar de Donas e toca agora abrir este 2009. Non topei mellor maneira que buscando no meu arquivo de portas da Ulloa.

En homenaxe a aqueles ferreiros que deixaron a sua arte nas portadas das casas da Ulloa entre os anos trinta e finais dos cincuenta, manillas e petos que aínda se poden ver en moitas aldeas por moito que os "contrabandistas" da artesanía popular se empecinen en mercarlas, roubalas ou en cambialas por unhas novas de ferro galvanizado.

Manilla dunha porta de San Martiño de Vilapoupre.
Antas de Ulla.