- Antas de Ulla : Castelo de Amarante e Torre do pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante (as dúas existen na actualidade)
- Monterroso : Casa-torre de Monterroso, Casa de Cumbraos, Torre de San Miguel de Penas, Torre de Fente, Torre de Bidouredo e Torre de Güimil (as tres primeiras existen, as tres últimas xa están desaparecidas)
- Palas de Rei: Castelo de Pambre, Casa-torre de Fontecuberta, Torres dos Ulloa, Torre de Quindimil, Fortaleza de Pena da Merla (cinco que aínda existen), Castelo de Ramil, Castelo de Felpós, Castelo de Curvián e Castelo de Castro das Seixas (catro desaparecidas).
domingo, 25 de marzo de 2012
Torres e Fortalezas da Ulloa (1)
sábado, 18 de febrero de 2012
Son d'aldea 2011: mallando con mallo
Dende aquí os meus parabens a todas e todos os que fixeron posible que o Son d'aldea 2011. Grazas por facerme tan feliz por un día.
Detalles do Son d'aldea 2011.
Santiago de Albá.
Palas de Rei
jueves, 9 de febrero de 2012
Son d'aldea 2011: Curuxás e as lavandeiras
Baixando a corredoira fomos dar xunto unhas lavandeiras (foto 3) e lembreime de cando eu era pequena, e no verán, ía a lavar ó río coa miña tía Carmiña. E cando vin o xabón feito na casa (foto 4), lembreime do facía miña mai, igualiño, tan suave... Lembro o fume que facía a sosa, a graxa de porco, a miña mai remexendo, o cheiro, o caixón de madeira onde se botaba...¡Canta alquimia!
As lavandeiras recolleron os seus cestos de roupa mollada (foto 5) e o lavadoiro quedou orfo (foto 6) pero fermoso.
Detalles do Son d'aldea 2011.
Santiago de Albá.
Palas de Rei.
domingo, 5 de febrero de 2012
Son d'aldea 2011: a trapela
jueves, 2 de febrero de 2012
Son d'aldea 2011: facendo as borreas no monte
E por fin chegamos ó monte onde tres homes estaban cavando para facer as borreas. Eu nunca vira facer iso así aprendín unhas cantas cousas. O traballo consistía en cavar na parte mais superficial arrincando os terróns (foto 3), a estes sacudíaselle a terra para deixar as raíces das herbas e íanse amontoando para logo prenderlles lume (foto 4 e 5). As borreas podían arder durante días dependendo da cantidade de terra que levasen. As cinzas convertíanse nun excelente abono natural que era empregado para sementar o pan. Hai que ter en conta que todo este traballo se facía nun anaco do monte non nun agro polo que era ben duro.
lunes, 30 de enero de 2012
Son d'aldea 2011: os cesteiros
viernes, 27 de enero de 2012
Son d'aldea 2011: os canteiros, a mestra e os crabuñadores
Despois de saír da lareira (xa o contei na entrada anterior), seguimos cruzando a aldea atravesando unha leiras de millo. Nun dos valados do camiño a topamos a unha cuadrilla de canteiros traballando (foto 1). Eles contáronnos como fai anos, en Albá había tres cuadrillas. Falaron dos nomes dos seus aparellos de traballo (foto 2) e de como se traballaba antes.
Dende a escola collimos camiño cara o monte e ós primeiros que atopamos foron ós crabuñadores (fotos 5 e 6), e dicir, dous homes sentados a sombra dun carballo crabuñando a gadaña para seguir segando. O traballo de crabuñar tiña o seu aquel e así nolo explicaron. Primeiro cravábase a bigornia (esa especie de cravo que se ve na última fotografía) no chan. Sobre a bigornia íase colocando o fío da gadaña e co martelo íanselle dando pequenos golpes (foto 7) co fin de crear un fino fío no metal, para rematar dábanselle unhas pasadas coa pedra de afiar.
Detalles do Son d'aldea 2011.
Santiago de Albá.
Palas de Rei.
jueves, 26 de enero de 2012
Son d'aldea 2011: o forno e a lareira
miércoles, 25 de enero de 2012
Eu son d'aldea 2011
Penso que ninguén dos que nos apuntamos a participar nesta actividade sabíamos moi ben ó que íamos, pero grazas a participación activa da xente de Santiago de Albá nesta recreación, o Son d'Aldea 2011 converteuse no mellor espectáculo teatral rural que podo lembrar.
Nas seguintes entradas irei mais polo miúdo a cada unha dos escenarios destes Son d'Aldea.
Cartel do Son d'aldea 2011.
Santiago de Albá.
Palas de Rei.
martes, 26 de julio de 2011
Valados da Ulloa: Cancelas e pasos








Os valados serven para vedar o paso de animais e persoas alleos a unha propiedade, pero de nada servirían sen unha cancela pola que poida entrar o gando e que a súa vez permita que este non escape cando estea no seu interior.
As cancelas tradicionais están feitas de madeira, nun so corpo e sen bisagra ou poste sobre ó que xirar (fotos 1 e 2), e dicir, apóianse nos chantos do valado e colócanselle unhas pedras para que non se movan. Pola contra, as cancelas feitas en dous corpos, teñen algún tipo de trebello que fai de eixo para poder abrilas por rotación (foto 3).
Cando as cancelas serven para dar paso só as persoas, son moito mais pequenas (foto 4), estas empréganse pola xeral no aceso as hortas, navales ou pequenas fincas nas que non entra nin gando nin carro. Dicir que en moitos lugares da comarca conviven os pasos para animais e persoas, por exemplo, hai cancelas nas que se deixa un pequeno espazo nun dos laterais (foto 5) de tal xeito que a persoa non teña que abrir a cancela para pasar. Tamén existen os pasadoiros de pedra (foto 6), ou os simples ocos que se deixan en lugares determinados do valado (foto 7) dun tamaño que permite o paso da xente pero non das vacas.
Por último, e como remate final a todo o dito sobre os valados na Ulloa, deixar aquí unha fotografía doutro tipo de pasos que existen nos nosos valados: os pasos de auga.
Fotografías de valados de Tarrío, Velanxil (Peibás), Carteire, Sirgal, Felpós, Marzán, A Barreira (Lodoso) e Santa Mariña de Castro de Amarante.
















































