O límite entre o concello de Guntín de Pallares e Palas de Rei, cando fas o Primitivo, está marcado por un pequeno regato que hai que atravesar pero que non ten ponte nin pasadoiro, polo que só se pode pasar se no verán leva pouquiña auga. A poucos metros do regato atopase o primeiro cruce de camiños e alí está o primeiro marco ulloán (foto 1).
Teño que aclarar que no Camiño Primitivo, a diferenza do Francés,a función principal dos marcos é guiar os peregrinos, non contabilizar os quilómetros. Quero dicir con isto que alí onde hai un cruce de camiños hai un marco e é a punta da concha de Santiago a que marca a dirección a seguir. Está é a razón pola que o marcos do Primitivo teñen cifras de quilómetros con decimais e non con números exactos como no Francés. Tamén aí está a explicación da ausencia de frechas amarelas (repetidas ata o aburrimento no Francés) ou se as hai son “made in feitas na casa” como a da foto 4.
Dende o límite con Guntín, o Camiño sobe (foto 2) cara a aldea de Xende. Só con ver a arquitectura da aldea sabes que estás no norte da Ulloa, onde os tellados están cubertos con grandes lousas (foto 3). O saír de Xende comezas a pensar que xa te perdiche pero atopas frecha “made in” (foto 4) que te leva a unha finca de millo onde (¡gracias!) o paisano si deixou un carreiro para o paso (foto 5). Pasada a finca, e como para dicir “ei, tranquilo todo o mundo que segue por aí”, no medio da nada, outro marco (foto 6). E segues a camiñar pola beira duns piñeiros (foto 7) ata que atopas outra frecha “made in” (foto 8) irmá da anterior que te leva a un camiño onde (¡salvadas!) está o seguinte marco (foto 9).
Este foi o primeiro quilómetro, preludio dos 12 seguintes.
Detalles do Camiño Primitivo entre o km. 78,027 e o km. 77,148.
Parroquia de Ribeira
Palas de Rei.
No hay comentarios:
Publicar un comentario