Neste tipo de valados as pedras soen ser bastante parecidas tanto en tamaño como en forma, rara vez colócanse pedras mais grandes na parte baixa e cando se fai e para afianzar a terra de apoio (foto 4). Polo xeral teñen remate con pedras mais grandes (fotos 1 a 3). Se a materia prima o esixe mestúranse pedras mais irregulares , mais pequenas ou mais grandes pero sempre cun predominio das pedras mais planas (foto 5).
Como caso especial están os valados da parroquia de Santa María de Carteire (Palas de Rei) onde se emprega unha técnica na que a colocación das pedras faise alternando as pedras de lousa grandes con pequenas, ou alternando a lousa con croio de seixo (fotos 6 a 8).
As fotografías pertencen a valados de Hospital das Seixas, Tarrío, Marzán, A Barreira (Lodoso) e Carteire.