Mostrando entradas con la etiqueta Río Ulla. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Río Ulla. Mostrar todas las entradas

domingo, 31 de mayo de 2009

Cen entradas






















Comecei a facer iste blogue porque a crise económica deixoume case sen chollo. Comecei coa idea de colgar fotos, poñer o nome do sitio e nada mais, sen comentarios de negún tipo aínda có pouco caín na conta de cas veces era inevitable escribir algo. No mes de xaneiro a crise obligoume a tomar unhas vacacións forzadas e, sen nada mellor que facer, púxenme a escribir o que eu sabía das cousas que ía sacando.

Xa pasaron seis meses e o meu editor di que con esta xa van un cento de entradas así que, hoxe, para non sentir a soidade desta casa valeira, busquei unha foto que me trouxese algo bo a cabeza: os meus pés remollándose nas augas do Ulla, unha foto que sempre leva a súa propia banda sonora.

Por certo, decidín que nas vindeiras semáns non vou sacar nada novo. Voltarei as primeiras entradas e poñereime en serio con elas, así que por unha temporada toca: petroglifos do Farelo, Balboa, Sucastro, Viloide, cruceiro de Alvidrón, Novelúa e Pambre. E outra cousa, irei borrando as vellas entradas según publique as novas, así que ainda teremos cen entradas para unha temporada.

Gracias a tódolos que deixades os vosos comentarios, da gusto saber ca alguén lle interesa saber algo mais sobre A Ulloa.


Os meus pés remollándose no Ulla.
Portocarreiro.
Parroquia de Alvidrón.
Antas de Ulla.

miércoles, 13 de mayo de 2009

Dende As Quendas ó muíño do alemán V - Dende a Pedriña ó muíño do alemán















































































Para min, o mais destacable deste tramo do final da ruta é o chamado Salgueiral de Vila (fotos 1 y 2). Supoño que noutros tempos alí medraban os salgueiros pero agora ó Salgueiral de Vila e o bidueiral mais grande que se pode atopar en varios quilómetros á redonda. A verticalidade dos bídalos (ou bidueiros, abedúl en castelán) xunto coa densidade de árbore por metro cadrado, converten a este bidueiral nunha explosión de beleza natural.

Na medida que nos achegamos a tosta do muíño do alemán, o Ulla, mais amplo polo aumento de caudal, permite un xogo de espellos nos que auga, árbores e ceo confúndense (foto 4).

A ruta remata o chegar ó muíño que, unha mágoa, queda na outra beira do río. Agora só queda desfacer ó camiño e voltar sobre o camiño feito.


Detalles da ruta.
Dende a Pedriña ó muíño do alemán.
Monterroso.

martes, 12 de mayo de 2009

Dende As Quendas ó muíño do alemán IV- Dende A Peneda á Pedriña














































































O sair da Peneda, a ruta de sendeirismo continúa pola marxe dereita do río Ulla.
Unha pontella de madeira xunto os muíños de Pereiro (foto 1) axudaranos a cruzar por enriba da saída da canle da auga.
Catrocentos metros mais adiante toparemos a seguinte pontella (foto 2) (¿serán tamén parte das vigas da Casa Santalla?) que nos levará a curva do río da Pena do Corvo (foto 3). Unha mágoa que este gran penedo esté na outra beira do río, a min sempre me gustou subirme nel e ver as árbores dende outra perspectiva.
Seguimos camiño ata os pasares de Portosamil (foto 4) dos que xa falei a finais de xaneiro e en menos de cincocentos metros atoparemos a ponte vella da Pedriña (foto 5).


Detalles da ruta.
Dende a Peneda á Ponte Pedriña.
Monterroso.

Pasa por debaixo da ponte nova da Pedriña atravesando ó espello cara A Outra Ulloa

lunes, 11 de mayo de 2009

Dende As Quendas ó muíño do alemán III - A Peneda





























































































































Recordo a Peneda fai anos, onde agora están as piscinas crecía a espadaña e ó xunco e a min dábame bañarme porque sempre había algunha serpe de auga rondando por alí.
No 82 fixeron as piscinas e comezouse a arranxan a beira do río e á presa. Ata ó ano 91 Luis García Rojo foi o encargado de darlle forma e carácter a este recuncho. Foi él quen foi recollendo e colocando esas pedras é elementos senlleiros (muíños, canles, sartegos, pías...) que por doazón dos seus propietarios foron enriquecendo este espazo. Ó xubilarse Luis, deixou no concello unha lista cos nomes dos doantes e lugar de procedencia dos obxectos para que se lles puxese unha placa cos datos que lles correspondían pero na actualidade seguen sen ela.

Á singularidade deste espazo natural hai que engadir a singularidade do patrimonio etnográfico e arqueolóxico integrado nel. Ademáis das innumerables pedras de muíños de auga (pés e moas), existen outros moitos restos de muíños romanos (muíños de mán). Destacable tamén os dous restos de antigas canles de agua, a primeira (foto 3) doada por un veciño de Arxona , e segunda, moito mais pequeniña e que se atopa na marxe esquerda da tosta da presa, era á canle do muíño vello de Cumbraos (refeito a mediados do século pasado para aumentar o número de pedras) é propiedade de José Álvarez.

Na parte alta atópanse dous sartegos antropomorfos (foto 5) a carón dun conxunto de pezas (foto 4) que merecen ser vistas sen presas: varias pías e un resto dun muíño de mán castrexo. Volvendo a baixar cara ó río veredes un capitel (foto 6) doado por veciño de Irixe (Marzán) quizáis procedente dalgún arranxo da igrexa vella de Marzán, preto atópase un hórreo (foto 7) doado por un veciño da vila de Monterroso convertido agora en parladoiro co vista ó Ulla.

Para rematar a vista á Peneda, nada mellor que cruzar polos pasos (foto 8) frente ó antigo lavadoiro e subir ó bar a tomar un refresco con Carmen e Javier, que ademáis de ser bos profesionais hosteleiros (tamén se encargan do Camping Municipal que se atopa a cen metros do recinto da Peneda) sempre é un gusto poder conversar con eles.


Detalles da Peneda.
A Peneda.
Monterroso.

Atravesa ó espello cara A Outra Ulloa

jueves, 7 de mayo de 2009

Dende As Quendas ó muíño do alemán II- Dende As Quendas á Peneda






























































































Comezo a camiñar nas Quendas, ese é o nome das carballeiras que hai xusto antes de cruzar á ponte.
O río Ulla fai de limite natural entre os concellos de Antas de Ulla e Monterroso e este tramo da ruta de sendeirismo faise pola beira esquerda do río, é dicir, polo concello de Antas.

Nos primeiros catrocentos metros un fermoso bidueiral (foto 1 e 2), onde en tempos facíamos, os mais xóvenes, a nosa comida de San Cristobál (agora faise na Peneda), engaiola coa súa verticalidade.
Continuando a ruta atoparemos catro pontellas de madeira, unha delas (foto 3) tráeme lembranzas: a madeira na que está feita son as vigas da antiga Casa Santalla que foi derribada fai uns once anos, vigas foron aserradas a mán a finais dos anos vinte en Podente, por Manuel Varela Fernández e o seu fillo, Julio. Unha delas incluso conserva o reforzo de ferro que lle puxeron.
No tramo medio os bídalos dan paso as carballeiras, acompañados de salgueiros e avineiros á beira do río (foto 4 e 5) e, xa chegando, (foto 6) o espacio ábrese, o río aumenta en anchura e caudal como proba evidente de que nun cento de metros toparemos coa presa da Peneda.


Detalles da ruta dende As Quendas á Peneda.
Beira do río Ulla.
Antas de Ulla-Monterroso



miércoles, 6 de mayo de 2009

Dende As Quendas ó muíño do alemán I- Ruta completa



























































Fai anos, o Concello de Monterroso, coa axuda dun campo de traballo, limpou e arranxou a senda que vai dende a Feiravella á ponte da Pedriña. Un tempo despois fixo ó mesmo co tramo que vai dende a Pedriña ata a tosta da presa do Muíño do Alemán, creando así unha fermosa ruta de senderismo.

Dende a páxina do concello de Monterroso podedes descargarvos ó díptico da ruta do que eu saquei o mapa que tedes ó principio, ese díptico ten o nome de "Dende As Quendas ó Muíño do Alemán".

Aproveitando ó bo tempo destes días estiven paseando por ela ó sair de traballar. Son cinco quilómetros doados, moi recomendable para facer con nenos pequenos pola nula dificultade, que me levaron unhas duas horas e media parándome en tódolos recunchos para facer a foto de rigor (ou non tan de rigor). Nos próximos días irei falando mais polo miúdo da ruta e veredes ó que deu de sí.

Por certo, aproveito para darlle os meus parabéns (xa llos din na Outra Ulloa) á Asociación de Pescadores da Ulloa polo arranxo que fixeron das pontellas de madeira.


Detalles da ruta "Dende As Quendas ó Muíño do Alemán"
A carón do río Ulla
Antas de Ulla (tramo Quendas-A Peneda)
Monterroso (tramo A Peneda-Muíño do Alemán).

martes, 24 de marzo de 2009

Kaiak 2009 nas Torrentes do Ulla
















































Despois das probas clasificatorias do primeiro día, tódolos piraguistas fan unha baixada de exhibición polo resto das Torrentes. O mais espectacular é velos tirarse no Pozo Branco. Este ano hubo algún que levou un pequeno susto e o seu codo, que bateu contra as pedras sumerxidas, aínda se resinte.

Detalles da exhibición e a caída de Borja.
Palas de Rei- Agolada.

Outras fotos do Kaiak na páxina oficial do Campionato Torrentes do Ulla e na Outra Ulloa

lunes, 23 de marzo de 2009

A canle vella das Torrentes
















































A miña intención era colgar as fotos da canle vella o mes pasado, pero coa suspensión do Campionato de Kaiak os meus plans reviráronse. Cumprindo ó prometido, aquí están.

A primeiros dos anos 20 do século pasado, á familia García Ouro de Leilón (os do balneario de Frádegas) teñen unha concesión para a construcción dunha canle de derivación de augas (coa finalidade de aproveitar o desnivel do terreo) para xerar un salto onde produccir enerxía eléctrica.
No ano 26 a canle, cunha lonxitude de mais de un quilómetro, está feita, pero nunca chega a echerse, en parte polos derrumbamentos e, supoño, que a outra parte estivo na morte do dono da concesión. No ano 30 a concesión é vendida pola viuda de Julio García a Ascensión Santos, pero a central nunca se chegou a construir.

A día de hoxe o muro da canle resiste na maior parte do seu recorrido e da a impresión de ser un camiño (ben ancho, por certo) a beira das Torrentes do Ulla.


Entrada da auga á canle e detalles do muro da canle.
Marxe esquerda do Ulla frente a Palas de Rei.
Agolada

O interior da canle na Outra Ulloa

viernes, 13 de marzo de 2009

O muiño das Augas de Frádegas




















Da outra banda do río, xunto o balneario de Frádegas, atópase o muiño.
Deixou de funcionar a finais dos setenta, sendo ó último muñeiro Pepe de Rigueira (de Santa Mariña), o marido de Ascensión Santos Barros, a súa propietaria.
Muiño maquieiro de tres pedras (pedras francesas, como se lles chamaba) que aínda seguen alí. Ademais da construcción propiamente dita, o muiño tiña a cuadra para as bestas, un pequeno cuarto para ó muiñeiro e un forno, pero estes dous últimos xa están en ruinas. Sorprende ver como o lavadeiro (o carón da saída da auga) segue en pé e sorprende tamén que a tosta da presa (unha das mais grandes da comarca, preto duns 150 metros) continue a resistir crecidas a pesar do abandono.
Por certo, ata fai uns tres anos, na entrada, aínda estaba unha argola de ferro para amarrar os cabalos. Algún pirata levouma.
Detalles da entrada do muiño, saída da auga (con lavadeiro ó pé) e tosta da presa. As Augas de Frádegas. Parroquia de Pidre. Palas de Rei
Mira pola fiestra do muiño atravesando cara A Outra Ulloa

miércoles, 11 de marzo de 2009

O balneario de Frádegas III
















































Na parte dereita do patio atópanse as salas de baño. Alí perviven os restos da caldeira, a polea e o tanque que almacenaba a auga que logo era distribuída polas 5 salas de baños que se sitúan o longo do pasillo contiguo. Salas individuais, duns catro metros cadrados, que ainda conservan as bañeiras e que tiñan (e teñen) unhas fermosas vistas o río Ulla.

Detalles da caldeira, polea é tanque da auga.
As Augas de Frádegas.
Parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante.
Antas de Ulla.

Mira polas fiestras da sala de baños na Outra Ulloa

martes, 10 de marzo de 2009

O balneario de Frádegas II




























A xente segue achegándose ó balneario a coller auga, por iso o acceso a fonte é, prácticamente, o único espazo do patio libre de silvas.
O que mais chama á atención dos novos visitantes é ese cheiro a ovos podres tan característico das augas axofradas, que desaparece cando leva uns poucos minutos dentro dunha botella. Esta auga, bebida, era empregada para problemas do aparato dixestivo e do fígado (descoñezo como lle iría isto os riles). En baños empregabase para problemas da pel (soriasis, por exemplo) e para a reuma.
Podedes atopar unha analise química da auga (feita en 1994) e mais detalles do balneario na páxina www.esgalicia.com.

Porta de acceso á fonte e detalle dos caños.
As Augas de Frádegas.
Parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante.
Antas de Ulla.

Atravesa ó espello cara A outra Ulloa e mira tralas fiestras

lunes, 9 de marzo de 2009

O balneario de Frádegas I










































Resistindo ó abandono como ninguhas outras, érguense as pedras do antigo Balneario das Augas de Frádegas. Descoñezo a data na que foi feito por pero xa en 1877, Nicolás Taboada Leal fala del no seu libro "Hidrología Médica de Galicia. Noticias de las aguas mineromedicinales de las cuatro provincias de este antiguo Reino", onde di que ten unha clientela de unhas 500 personas ó ano e engade que noutro tempo eran mais concurridas. No 1890, Cecilo Neira Nuñez , catedrático de farmacia da Universidade de Santiago, escribe un artigo titulado "Noticias de las aguas mineromedicinales de Frádegas (Antas, Lugo)" onde expón os resultados das súas analises da auga.
O balneario, que na súa primeira época era propiedade dos señores do Pazo de Leilón e xa no século pasado foi vendido ó "Roxo de Cabana" (pai dos actuais donos, os irmáns Santos Barros), está formado por varias edificacións unidas entorno dun patio central. Accédese polo único espazo que non pecha o patio, entre o edificio onde estaba a capela (entrado á esquerda) e a vivenda principal. Na planta baixa desta última, e ocupando un lugar central, atópase a fonte das augas axofradas (sulfurosas) e, nos edificios do lado contrario, pódense ver (aínda) á caldeira e os restos das salas de baños. Deixou de funcionar na segunda metade da década dos sesenta por falta de clientela.

Vista xeral dos edificios e fachada traseira.
As Augas de Frádegas.
Parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante.
Antas de Ulla.

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

martes, 3 de febrero de 2009

Os muíños do Corgo IV


























O muiño da tosta e o mais antigo, ten dúas pedras de moer e vivenda na parte alta. O seu carón había un galpón para os cabalos e a moenda que fai tempo perdeu o seu tellado. De todo o conxunto dos muíños do Corgo, dada a sua situación, era o primeiro o primeiro en recibir a auga encorada.

Detalle do muíño da tosta.
Antas de Ulla.

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

lunes, 2 de febrero de 2009

Os muiños do Corgo III

























































Do edificio do aserradoiro só se conservan as paredes. Podese ver o emprazamento da antiga noria (na terceira fotografía), onde aínda se atopa a entubaxe da auga que era desviada da canle para darlle movemento e, facer así, que o carro de corte funcionase. A auga non empregada nesta labor continuaba curso pola canle cara o muiño grande.

Detalles do aserradoiro.
Monterroso.

Atravesa o espello cara A outra Ulloa