sábado, 27 de diciembre de 2008

As ferraxes de Vilar de Donas




















































Ferraxes da porta principal da igrexia de San Salvador de Vilar de Donas.

Semellantes os da porta norte da catedral de Lugo, e parecidos os da igrexia de Meira e aos do Salvador en Sarria. Datan do século XIII.

Vilar de Donas.
Palas de Rei

viernes, 26 de diciembre de 2008

Ponte romana de Ferreira















Sobre o río Ferreira e preto no seu nacemento, pequena e firme, mantense unha ponte romana.
Polo lugar pasaba, según os entendidos, a Via Romana que unía Lugo-Iria Flavia. Calzada que na Idade Media convertiríase no que hoxe coñecemos como Camiño Primitivo (de Santiago).

Lateral da Ponte.
Ferreira.
Palas de Rei.

jueves, 25 de diciembre de 2008

Árbore de Nadal




















Saín pola Ulloa neste día de Nadal e topei cunha árbore de pedra, podería ser unha representación da árbore da vida (podería), para min, hoxe, unha Árbore de Nadal.
Bo Nadal a tod@s.

Detalle do dintel da porta sur.
San Salvador de Merlán.
Palas de Rei.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Pinturas da Torre de Penas















Pintura mural, gótico.
A escena representa o "Xuízo de Paris", cando Éride (a Discordia) botou a mazá da beleza a Hera, Atenea e Afrodita, e Zeus ordenou a Hermes que as levase ante Paris para que este decidise cal era mais bella. Hera prometeulle reinar sobre todos os homes; Atenea ofreceulle sabiduría e victoria na guerra, e Afrodita propuselle o matrimonio con Helena. Paris elexiu a Afrodita quen levou a este ata Esparta. O posterior rapto de Helena foi o detonante da Guerra de Troya.
Interior da Torre de Penas.

San Miguel de Penas.
Monterroso.
Fotografía cedida por Pepa Roig.

Peto das ánimas




















Peto das ánimas.
Que eu saiba é o único que se conserva na Ulloa, pero a Ulloa é moi grande é os meus coñecementos moi pequenos.

Verín.
Antas de Ulla.

Castelo de Pambre















Castelo de Pambre.
Todos os anos, no verán, celebrase a "Marcha Irmandiña"
para reinvidicar a apertura ó público deste BIC.

Pambre.
Palas de Rei.

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

lunes, 1 de diciembre de 2008

Cruceiro de Alvidrón














Detalle da Virxe.
Cruceiro de Alvidrón.
Antas de Ulla.

Topei na rede unha foto deste cruceiro que é para sacarse o sombreiro:
a foto de Menacho