Mostrando entradas con la etiqueta Portas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Portas. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de marzo de 2010

Os tiradores das portas da Ulloa: outros tipos






















































































































As veces, cando ves unha cousa unha e outra vez acabas por non darlle importancia. Noutras ocasións é precisamente esta repetición o que fai que nos fixemos nos detalles. Iso foi ó que pasou cando fotografei o primeiro tirador (foto 1). Ano tras ano, sempre polas mesmas datas, eu vía aquela porta e aquel ano eu leva unha cámara de fotos. Cando revelei a foto (daquela non tiña dixital) a peza pareceume aínda mais fermosa.
Uns meses mais tarde unha das miñas tías contoume como un "anticuario" lle quixo comprar o tirador da porta (non este senón outro que xa apareceu noutra entrada), contoume como xa comprara mais na aldea. Isto fíxome pensar e así comezaron as fotos dos tiradores.

Para rematar coas portas traio fotografías doutros tiradores que, aínda que non clasifiquei de ningunha forma, pódense dicir cousas deles. O tirador da terceira fotografía, por exemplo, e dos anos sesenta e coñezo tres pezas idénticas a esta. Os ferreiros que fixeron as pezas das fotos 4 e 5, teñen mais pezas da mesma feitura (como se a peza se fixese nun molde) pero os adornos son sempre únicos e polo tanto feitos a man. Por último nas fotos 6 e 7 vese o gusto dalgúns por decorar as pezas a base de puntos, puntillismo ferreiro podería dicirse.


Detalles de tiradores de Castro de Amarante, Fondevila, Gondoriz Os carreiros e Vilanuñe.
Antas de Ulla

miércoles, 3 de marzo de 2010

Os tiradores das portadas da Ulloa: o emprego da tipografía nos adornos











































Os ferreiros empregaban moldes tipográficos para engadir o nome do dono da porta e tamén a data.
Respecto do nome dicir que o que se gravaba non sempre era o nome, hai casos nos que so aparecen as inicias (como o caso da segunda fotografía) e outros nos que se marca o alcume polo que era coñecida a casa.
Os ferreiros (con toda seguridade fíxoo mais de un) tamén empregaron punteiros tipográficos para facer os adornos das pezas, porque sen dúbida era moito menos traballoso.


Detalles das pezas de 1959, 1950 e 1956.
Aboi, Dorra e Lagarteira.
Antas de Ulla


lunes, 1 de marzo de 2010

Os tiradores das portadas da Ulloa: os artísticos


















































De tódolos tiradores que teño fotografado, hai dous que son pequenas obras de arte.
O primeiro deles pertence a unha portada de Olveda, e nel o ferreiro adorna a ferraxe compoñendo "o seu particular Miró".
A segunda pertence a Vilapoupre e nela sorprende a peculiar maneira de empregar o puntillismo para encher o espazo.


Detalles das pezas.
Olveda e Vilapoupre.
Antas de Ulla.

viernes, 26 de febrero de 2010

Os tiradores das portadas da Ulloa: adornos con liñas semicirculares
























































O feito de que unha boa parte das ferraxes das portadas leven inscrita a data na que foron feitas, fixo que caera na conta de que había deseños que so aparecían en datas concretas, no caso das fotografías as datas que aparecen (xunto o nome do dono da casa) son 1932 e 1937. Son as ferraxes con data mais antigas que atopei, ó que non quere dicir que non as hai mais vellas, senón que non lles puxeron a data.
As da fotografía case se podería afirmar que saíron do mesmo ferreiro, pois a forma, os adornos e os marcadores tipográficos empregados, son os mesmos.


Detalles das pezas.
Quintela, Rececendes, San Fiz de Amarante.
Antas de Ulla

miércoles, 24 de febrero de 2010

Os tiradores das portadas da Ulloa: adornos feitos con círculos concentricos






































































































Un dos tipos de ferraxes con mais exemplares é o que emprega os círculos concéntricos na súa ornamentación. Os exemplares datados son da primeira metade da década dos cincuenta, aínda que supoño que hai algún mais antigo, como por exemplo o que aparece na última fotografía, con círculos mais grandes que, ademais, están acompañados de debuxos feitos con raias semicirculares, este tipo de raias son mais empregados nos tiradores datados na década dos anos trinta.


Detalles das pezas.
Castro de Amarante, Regadio, Quintela e Caira.
Antas de Ulla

lunes, 22 de febrero de 2010

Os tiradores das portadas da Ulloa: tipo "pico no medio do arco"
































































Cando fai sete anos tentei facer o inventario fotográfico das ferraxes das portas da Ulloa, decatei de que boa parte delas seguían unas tipoloxías moi determinadas. Fun así facendo unha pequena clasificación segundo as características visuais que se repetían nas distintas pezas.
Todas as pezas que tedes nas fotografías pertencen as portadas das casas de diferentes aldeas de Antas de Ulla pero poden atoparse tamén nas de Monterroso ou Palas de Rei.
Como podedes ver, na feitura destes cinco tiradores repítese ese pico no medio do arco interior da peza, de aí o nome que lle din a este tipo para clasificalos.


Detalles das pezas.
Verín, Santiso, Quintela, Gondoriz e A Chapeleira.
Antas de Ulla.

jueves, 18 de febrero de 2010

Os tiradores das portas da Ulloa












































































Fai sete anos, no 2003, decateime da rapidez coa que estaban a desaparecer os tiradores vellos das portas. Había tempo que ós meus oídos chegara o conto de que polas aldeas andaban os "anticuarios" buscando cousas que mercar e entre elas estaban os tiradores das portas e portadas. Decidín entón facer o inventario fotográfico de tiradores da Ulloa, pero nin sequera conseguín completar o inventario de Antas de Ulla (que é concello mais pequeno), unha mágoa porque houbese sido un traballo interesante.

Os tiradores empregados nas portas son pezas moito mais sinxelas que os empregados nas portadas, de feito a forza que teñen que soportar é moito menor. A pesares diso, para min, a súa beleza é indiscutible.


Tiradores de Aboi, Casa de Naia, Olveda e Santiso
Antas de Ulla

viernes, 29 de enero de 2010

A aldea de Eirexe de Covelo















































































A parroquia de San Xoán de Covelo está situada no estremo sur leste do concello de palas de Rei. Debido a xeoloxía propia desta zona (pasa ó mesmo coa aldea de Marzán de Monterroso), as construcións están feitas con pedras esquistosa, en lugar do típico granito que impera no resto da comarca, e os tellados son de lousa en lugar de ser de tella.
A parroquia está formada por 12 aldeas e unha de elas e Eirexe, que como ven di o seu nome, e o lugar onde se atopa a igrexa, da que falei fai uns días.
A aldea de Eirexe está formada por cinco casa mais a igrexa, pero na actualidade só unha delas está habitada, non sei se ese é o factor que fai que a aldea conserve, sen apenas cambios, a súa arquitectura popular, dende logo precisamente iso é o que lle da maxia deste recanto.


Detalles da arquitectura de Eirexe.
Eirexe de Covelo.
San Xoán de Covelo.
Palas de Rei

Atravesa o espello cara A Outra Ulloa


jueves, 29 de enero de 2009

Porta de Olveda














Non deixan de fascinarme estas pequenas obras de arte, reliquias dun pasado de ferreiros artesáns que, inmunes a modas e aos aires desta invernía, seguen a cumprir co seu labor.

Dunha porta da parroquia de Santa María de Olveda.
Antas de Ulla

miércoles, 7 de enero de 2009

A chamada do novo ano














Pechei o ano coas portas de Vilar de Donas e toca agora abrir este 2009. Non topei mellor maneira que buscando no meu arquivo de portas da Ulloa.

En homenaxe a aqueles ferreiros que deixaron a sua arte nas portadas das casas da Ulloa entre os anos trinta e finais dos cincuenta, manillas e petos que aínda se poden ver en moitas aldeas por moito que os "contrabandistas" da artesanía popular se empecinen en mercarlas, roubalas ou en cambialas por unhas novas de ferro galvanizado.

Manilla dunha porta de San Martiño de Vilapoupre.
Antas de Ulla.

sábado, 27 de diciembre de 2008

As ferraxes de Vilar de Donas




















































Ferraxes da porta principal da igrexia de San Salvador de Vilar de Donas.

Semellantes os da porta norte da catedral de Lugo, e parecidos os da igrexia de Meira e aos do Salvador en Sarria. Datan do século XIII.

Vilar de Donas.
Palas de Rei