Santa María de Marzá (no concello de Palas de Rei e situada moi preto de Palas) e Santa María de Marzán ( no extremo norte do concello de Monterroso e situada mais preto da vila de Guntín que de Monterroso) son dúas aldeas que en nada se parecen agás no seu nome.
Por extensión (827,73 ha.) é a parroquia mais grande do concello de Monterroso, e a súa terra non está regada polo río Ulla senón polo río Irixe (afluente do Ferreira que logo verte a súas augas no Miño).
A aldea de Marzán ten trece vivendas e, segundo o censo do 2005, 32 habitantes que agora, supoño, xa serán menos. A arquitectura nada ten que ver co resto da Ulloa, o granito foi sustituido pola pedra mais abondosa deste recuncho do concello: a pizarra. Unha pizarra negra e ocre que delata a existencia de grandes cantidades de ferro no chán, que no século pasado foi explotado na canteira de Irixe.
Marzán merece unha visita, polo seu río, polos seus muíños, pola súa xente, pero sobre todo para poder admirar esa arquitectura singular onde a pizarra é aproveitada para os tellados (foto 1) para as paredes (foto 2 e 3), como dintel das fiestras (foto 4, que non son contras de madeira queimada senón o marco feito en pizarra para a fiestra) ou como peche dun balcón (foto 5, eu pensei que era ferro e eran ¡¡dúas lousas enteiras de pizarra!!, tiven que tocalas para caer na conta).
Detalles das casas de Marzán.
Marzán.
Monterroso.
O meu agradecemento a xente de Marzán, hospitalarios e bos conversadores.
Camiña por Marzán na Outra Ulloa
5 comentarios:
Marzá e Marzán, certo que gardan semellanzas fonéticas que mesmo poden chegarnos a confundir.
De tódolos xeitos a primeira viría da evolución dunha villa (de)Marcius, mentres que Marzán sería a evolución dunha villa Martiani.
Saúdos.
Eu gosto dos teus comentários (dirían os nosos vizinhos de Portugal)
E a min --co falar da terra-- gústame pasear polo teu blog.
Boas, estou a estudar as vías romanas e a vía XIX, que saía de Bracara Augusta pasaba por "Martiae", que polo que atopei é Marzán. Mais gustaríame saber se este é o que andades a falar aqui. Grazas.
Polo que eu teño entendido si: Martiae da Via XIX é a aldea de Marzán do concello de Monterroso.
Se queres mais datos sobre a Vía XIX dentro da provincia de Lugo entra na páxina de Javier Gómez.
http://www.javiergomez.org
Publicar un comentario