domingo, 26 de abril de 2009

O muiño da Picouta
















































































Entre os anos 1933 e 1934 Manuel Varela Fernández mercou un pequeno muíño de regato (coñecido como ó muiño de Sucasas) ,que xa existía neste lugar moi preto da actual tosta da presa (a uns 50 metros da Ponte da fonte do lagarto).
O pouco comezou a facer obras para levantar un novo muíño que aproveitase mellor o caudal do río Estanco, pero no ano 36 as obras case quedaron paralizadas, porque os homes novos estaban na Guerra e as máns para traballar eran ben escasas. Con todo, o 19 de marzo de 1940 o muiño do trigo botou a moer e nuns meses mais estarían tamén funcionando o do millo e o do pan. Exercía de muiñeiro Emilio Varela Fernández que no ano 43 foi relevado por Victor Varela Carnero, o autentico muiñeiro do Estanco, quen viviu neste fermoso lugar o longo de 27 anos.
No 1942 botouse a andar a serra, movida por unha noria de auga que estivo a funcionar ata o 1969 pero que, claro, só se podía aproveitar no inverno, cando o río tiña caudal abondoso para poder movela.
Ó falecer Manuel Varela Fernández no 69, o seu herdeiro, José, mantivo o muíño algun tempo, pero acabou vendéndoo a Bernardino García Mosquera, quen cambiou a vella noria por un motor a gasoil dunha antiga máquina de mallar que, curiosamente, fora propiedade de Manuel (cumpríndose así a súa idea de acoplar o motor á serra para poder facela funcionar durante todo ó ano).
No ano 2000, varios dos descendetes de Manuel, voltaron a mercar o muíño a Bernardino.
Na actualidade, cos tellados arranxados e algunha outra reforma, os novos propietarios seguen a conservar serra, muíño e entorno como sinal do apelido que os une: Varela.


Detalles do exterior do muíño, da vivenda e da serra (fotografías 1 e 2). Detalles do interior do muíño, da serra e do motor acoplado (fotografías 3, 4 e 5).
A Picouta.
Randulfe.
Parroquia de Santalla de Árbol.
Antas de Ulla.

2 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Un lugar que me enche de lembranzas da miña etapa de "paseador de miñocas" polo río do Estanco.
Nese muiño (xa fora de funcionamento daquela) téñome abrigado dunhas cantas treboadas...

A Ulloa en fotos dijo...

A Picouta, é o pico que queda da outra beira do río Estanco, de aí o nome do muíño. Ese pico pertence a parroquia da Cervela, pero o muíño xa pertence a parroquia de Árbol, é dicir, a Randulfe.