jueves, 7 de mayo de 2009

Dende As Quendas ó muíño do alemán II- Dende As Quendas á Peneda






























































































Comezo a camiñar nas Quendas, ese é o nome das carballeiras que hai xusto antes de cruzar á ponte.
O río Ulla fai de limite natural entre os concellos de Antas de Ulla e Monterroso e este tramo da ruta de sendeirismo faise pola beira esquerda do río, é dicir, polo concello de Antas.

Nos primeiros catrocentos metros un fermoso bidueiral (foto 1 e 2), onde en tempos facíamos, os mais xóvenes, a nosa comida de San Cristobál (agora faise na Peneda), engaiola coa súa verticalidade.
Continuando a ruta atoparemos catro pontellas de madeira, unha delas (foto 3) tráeme lembranzas: a madeira na que está feita son as vigas da antiga Casa Santalla que foi derribada fai uns once anos, vigas foron aserradas a mán a finais dos anos vinte en Podente, por Manuel Varela Fernández e o seu fillo, Julio. Unha delas incluso conserva o reforzo de ferro que lle puxeron.
No tramo medio os bídalos dan paso as carballeiras, acompañados de salgueiros e avineiros á beira do río (foto 4 e 5) e, xa chegando, (foto 6) o espacio ábrese, o río aumenta en anchura e caudal como proba evidente de que nun cento de metros toparemos coa presa da Peneda.


Detalles da ruta dende As Quendas á Peneda.
Beira do río Ulla.
Antas de Ulla-Monterroso



No hay comentarios: