viernes, 30 de enero de 2009

Pasares de Portosamil















Os pasares, ou pasais, son conxuntos de pedras achantadas no leito do río, de tal forma, que resolvían o paso entre ribeiras sen interrompir as correntes das augas. Emprégabanse en lugares dos ríos con pouca profundidade e certa anchura, pero tiñan o problema de non ser transitables nas épocas de mais caudal.
Moitos fóronse perdendo pero aínda temos exemplos no Ulla como o de Portosamil, moi preto das pontes nova e vella da Pedriña.

Portosamil.
A Pedriña.
Antas de Ulla-Monterroso

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

3 comentarios:

age dijo...

Teño paseado por esa zona e ainda non os vin. A proxima vez que vaia a Monterroso fixareime.

saudos

A Ulloa en fotos dijo...

Son moi doados de atopar. Deixa o coche, moto ou bici, aparcado na Pedriña. Métete cara o río a carón da ponte vella e vai seguindo o curso augas arriba polo sendeiro de Monterroso. Están a uns 300 metros da ponte ou menos.
Por certo, estes días non poderás atravesalos, o Ulla vai moi crecido

Chousa da Alcandra dijo...

E madia leva ir crecido; entre o que choveu e maila neve caida...auga que te criou!

Boa fin de semana!