Feito na primeira metade do século XVI por orden do crego Antonio Salgado Gindín, de quen se conserva o seu sartego no Museo Provincial de Lugo. Foi habitado polos nobres da zona ata mediados do século XIX. En 1925 foi adquirido por Jose Santalla Vázquez sendo os seus descendentes os que o venderían a dúas familias propietarias na actualidade.
Da súa arquitectura destaca sen dúbida o seu balcón-corredor e a desmeruda proporción das ménsulas que o sosteñen. A casa ten tres escudos, dous colgan da súa fachada como remate superior as antigas entradas o terceiro podelo ver atravesando o espello cara A Outra Ulloa.
Balcón, detalle das ménsulas e portada con escudo.
Podente.
Parroquia de San Miguel de Esporiz.
Monterroso

4 comentarios:
Un pecado o meu. Non llo digas a ninguén, pero...non o coñecía!!!.
Asignatura pendente. Teño que ir antes de setembro.
(Esas balconadas lémbranme Santa Mariña)
O balcón non se ve desde afora se entras pola carrtera que leva a Podente, pero si se ve dende o camiño de atrás. Se falas cos donos seguro que o ves mais de preto.
(En dimensións non hai nada como Santa Mariña)
podente vaia, o nome vaille ben a unha casa coma ésa!
Impresionan eses canzorros tan maiúsculos. Eu si vin o pazo ao lonxe nunha tarde-noite en bicicleta.
Saúdos
Publicar un comentario