lunes, 28 de junio de 2010

O interior de Pambre en fotos (y 9)































































Cando entras en Pambre o reino da pedra é o que manda: a capela, o hórreo, as torres, as murallas, os parladoiros, as chemineas, o forno... todo son pedras e na maioría delas pódense ver as marcas dos mestres canteiros que alí estiveron traballando.
Vazquez Seijas catalogou 51 signos lapidarios, pero eu xa sei que hai polo menos outra ducia mais que se lle escapou e non aparecen no seu estudo sobre Pambre feito no 1962. De tódolos xeitos este tema dará para unhas cantas entradas mais así que non me estendo agora.
Tanto o interior (fotos 1, 2 e 3) como o exterior (foto 4) do castelo está cheo de gliptográmas e iso ten que darnos unha idea da cantidade de xente que tivo que traballar alí para erguer a fortaleza. Cando vaiades a Pambre admiraredes a súa grandiosidade, pero de seguro que os vosos ollos acaban pousando en algunha das signaturas dos homes que o construíron.


Paredes de Pambre con marcas de canteiro.
Pambre.
Palas de Rei

6 comentarios:

Algalia dijo...

Por fin fun ver o castelo: impresionante. Polo visto, según nos contaron, vai ser complexo consolidar muros, por culpa da vexetación que enraiza entre sillares. Pero en todo caso, o castelo... non ten desperdicio. Encantoume.
(Por certo, se este comentario che aparece máis dunha vez... e que creo que tiven dificultades técnicas ou cerebrais). Un saúdo.

A Ulloa en fotos dijo...

Alégrame que che gústase. Dende que abriu paso por alí tódalas semanas (ando a voltas coas marcas de canteiro) e cada día descubro algo novo.

Apertas.

Anónimo dijo...

Somentes quería agradecer fondamente en nome da miña familia e de min mesma o esforzo que vostede realiza para dar a coñecer a todos os galegos o patrimonio da Ulloa. Case a diario dende fai meses consultamos o seu blog a percura de novas imaxes e inspiracións... Tamén de novos cabreos:) Gracias por protexer o noso patrimonio, por querelo, por non rendirse á desidia é ó abandono.
E grazas por fotografiar aos nosos veciños de catro patas e alas.
Frdo: a súa nova veciña

A Ulloa en fotos dijo...

Moi agradecida pero sobre todo, benvida Á Ulloa, porque nesta comarca (como en moitas outras da Galicia do interior)ó que mais necesitamos é iso que os economistas chaman "capital humano" é dicir, xente que cree vida na Ulloa.

Para o que necesites xa sabes onde atoparme. O meu correo:

aulloaenfotos@gmail.com

Angel Utrera dijo...

A mi tamen chamoume moitisimo a atencion a cantidade de marcas de canteiros que podense controlar nas pedras.....¿Canta xente e porque intervino na construccion do CAstelo.,...??Quen o sabe

A Ulloa en fotos dijo...

Vazquez Seijas catalogou 51, pero eu xa sei que hai mais...

Saúdos