O recinto do castelo ten outras pequenas curiosidades, unha delas é o cagadoiro que pendura nas alturas dunha das torres traseiras. ¿Como se chegaba a el? Nin idea, está claro dende dentro pero non sei por onde.
Nas fotografías 4 e 5 tedes ese alpendres que se foron engadindo o largo dos séculos, cun evidente sentido práctico, dende o punto de vista dunha casa labrega.
Na última fotografía, para compracer os curiosos, tedes unha fotografía do interior dunha das torres pequenas. ¿Que hai dentro? Pois nada.
Interior do castelo de Pambre.
Pambre.
Palas de Rei.
1 comentario:
Esto sí é un blog como deus manda, felicidades. Por certo, estades convidados a visitar "A CIBA DE MOI" cando queirades. Un saudo.
Publicar un comentario