martes, 1 de junio de 2010

Castelo de Pambre: horario de apertura





















































Hoxe, día 1 de xuño de 2010, as portas do castelo de Pambre abríronse ó público. Bueno, en realidade hoxe foi a apertura oficial: o alcalde, membros do goberno municipal, os veciños, algún curioso, e uns canapés e viño para celebralo.
Eu saio de traballar as sete da tarde, collo o coche e vou para alí porque, segundo lin no artigo que o periódico El Pais publicou o domingo,

o horario de apertura
é de 11 a 13 horas e de 16 a 20 horas,
De balde e todos os días da semana

(mentres o concello non diga o contrario).

Cheguei alí as sete e media e, efectivamente, a porta estaba aberta e había xente dentro. Collo a cámara e comezo a sacar fotos ata que, o famoso Pepe (o do can), dime que está pechado, que hoxe foi a inauguración pola mañá pero que ata mañá non se abre. Pepe ten ganas de falar, aínda que mais que el quen fala e o viño do acto oficial. Por educación podo escoitar certas cousas dez ou quince minutos pero non mais. Así que voume do castelo porque prefiro ver Pambre ao meu aire e sen moscas asubiándome nas orellas (por certo, hai un fermoso enxamio de abellas debaixo do hórreo).


Nas fotografías a porta aberta de Pambre, o hórreo e a capela.
Pambre.
Palas de Rei

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Non son capaz de asimilar a primeira foto.....tanto tempo esperando a ver esa porta aberta ( e o can atado, jajajaja)
Esperaremos a este finde. Mil bicos, Silvia.

Pablo C. dijo...

Mantédeo aberto até cando volte! Cris: moi interesantes todas estas historias de Pambre, non as coñecía. Sorprendeume o do Curuxás, abofé. Bicos dende o hemisferio sur.

A Ulloa en fotos dijo...

Ti disfruta dese pequeno paseo que vos estades dando que cando volvas a porta de Pambre non volverá a pechará.

Os comentarios hai que agradecederllos a Miguel Anxo Murado Lorenzo (hai que poñer todos os apelidos para evitar susceptibilidades).

Coidadevos.


Bicos dende A Ulloa

Sole dijo...

Una alegría esta nocticia que ojalá dure. Desde hace años pasamos por alli y en alguna ocasión, "dándole un cariño" al señor del can, logramos entrar y fotografiar el interior
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2006/06/04/no-interior-do-castelo-de-pambre/

Pero pese a acudir mas veces, siempre encontramos la puerta cerrada, la imágen primera, es histórica.

Angel Utrera dijo...

Por fin¡¡¡, a bofe, que custo traballo, Ainda recordo as manifestacions, diante da porta....
E os berros do famoso Pepe- Eu non sabia como se lle chamaba---
¡¡Non se pode mirar, oiga, isto e propiedade privada.....¡¡¡
Ainda non puiden ir, pero subirei axiña.
PArabens polas historias, e labor de informacio, como sempre perfecta

Romantic bed and breakfasts dijo...

This is an interesting and magnetic destination for travelers.There are various sightseeing attractions in this beautiful destination.

This place is most likable to see and get all the information about the historical & ancient churches, monuments, sacred places, tombs and shrines are its major sight seeing attraction which are must to see for sure.