![](http://2.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TBoQl9_GwGI/AAAAAAAACKs/1FO6-u9eHEs/s400/Torre+da+homenaxe+porta+e+fiestra.jpg)
![](http://1.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TBoQlux6WTI/AAAAAAAACKk/6uGBdt6hui0/s400/Pambre+interior+17.jpg)
![](http://3.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TBoQlUYJu7I/AAAAAAAACKc/Co0UvEwak9c/s400/Pambre+interior+18.jpg)
![](http://4.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TBoSdwT87II/AAAAAAAACK0/Im3oneW1EQI/s400/Pambre+45+atrav%C3%A9s+da+porta+da+torre+homenaxe.jpg)
![](http://2.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TBoQk75C8MI/AAAAAAAACKU/q5wNV3MNQsQ/s400/Pambre+interior+20.jpg)
![](http://4.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/TBoQkXGWqNI/AAAAAAAACKM/djQMfd0pWtQ/s400/Pambre+interior+19.jpg)
Na parte traseira (respecto da entrada de acceso ó castelo) da torre da homenaxe, está a única porta que da acceso ó interior desta. O problema é que esta porta está situada a uns tres metros e pico do actual chan, polo tanto, salvo que teñas unha boa escada, non entras, pero para os que vos pique a curiosidade direivos que na foto 4 tedes ó que se pode ver a través desa porta. Entra a luz dende arriba, polo tanto non ten teito e, curiosamente, un cable de aceiro baixa dende algún misterioso lugar (¡que ganas de coller a escada!).
Interior do castelo de Pambre.
Pambre.
Palas de Rei.
2 comentarios:
O cable de aceiro á ser dun pararaios ou algo así. Non sei?
Penso que non. Se fose dun pararraios supoño que pasaría preto da parede e está xusto no centro da torre. Por certo, sacarei unha foto dunha das torres pequenas por dentro, non é moi boa pero menos é nada.
Saúdos
Publicar un comentario