Na parede que hai fronte ó forno, pendurado a uns dous metros de altura respecto do nivel de chan actual, hai un fermoso parladoiro (foto 1). As fotografías seguintes recollen as vistas que dende alí se poden ver, (non preguntedes como as conseguín) tanto do interior do recinto entre torres (fotos 2 e 3) como do exterior das torres (fotos 4 e 5).
Interior do castelo de Pambre.
Pambre.
Palas de Rei.
3 comentarios:
Parabéns polas fotos... e non pregunto como as conseguiches. Son as primeiras que vexo sacadas dunha forma tan completa, e que van máis alá da noticia periodística (apertura do castelo de pambre...). Encantoume a cheminea coas caras da entrada anterior.
Saúdos.
Unha marabilla !.
Encántame que abrisen o castelo ao público. A ver se un día me acerco ata alí.
A cheminea é unha marabilla, coincido plenamente contigo, iso si, agora mesmo esta un pelín alta.
Publicar un comentario