Cando fas o Camiño de Santiago, polo menos no tramo francés, hai dúas cousas que sempre te acompañan: a frecha amarela e os marcos dos quilómetros. No último quilómetro do Camiño francés, dentro da Ulloa, hai dous marcos cos nomes singulares: Porto de Bois e Campanilla.
Non coñezo ningunha historia de Campanilla (salvo a de Peter Pan) pero Porto de Bois ten un lugar na historiade Galicia, historia de sangue por certo. Entre os anos 1366 e 1369 a Península viviu a súa primeira guerra civil entre os partidarios de Pedro I (rei lexítimo) e Henrique II de Trastámara. A guerra terminou no 1369, cando Henrique mata ao seu irmán. En Galicia, o III Conde de Lemos, Fernando Ruíz de Castro, regresa do exilio de Portugal e comeza unha revolta contra partidarios do novo rei. En 1370 Henrique I envía a Galicia tropas para apagar a rebelión poñendo o mando a Don Pedro Ruíz Sarmiento. As tropas afrontanse na batalla de Porto de Bois aos seguidores do Conde de Lemos. O Conde perdeu e exiliouse a Portugal e mais tarde a Francia, onde morre.
A última aldea que se atopa antes de deixar as terras ulloanas é O Coto. Alí, xunto o fito que marca o comezo da Provincia da Coruña, que polo tanto marca tamén o fin do Camiño dentro da Ulloa, atópase a Cooperativa Milhulloa, que dedícanse ó cultivo de plantas medicinais en réxime de agricultura ecolóxica. Cando cheguei alí estaba pechado pero teño pendente, dende fai tempo, unha visita. Cando a faga xa darei boa conta dela.
Detalles do Camiño entre os km. 58,5 e 57,800
Parroquia do Mato
Palas de Rei.
4 comentarios:
Cris na historia de Porto de Bois, cando dis que acabou a guerra no 1969 esta ben ise dato.(non me cadra moito as datas)
Creo que se che foi o dedo pois en 1969 eu tiña 9 anos e non recordo oir falar desa guerra.Bromas aparte fas un traballo estupendo.
Ja ja ja... Tes toda a razón, o 1969 é un ano especial para min, penso que se me foron as mans. Gracias polo aviso.
Bicos
Estás escribindo toda unha guía do camiño.
Tés un premio no meu blogo.
Publicar un comentario