Sobre a cronoloxía das decoracións de fachadas feitas con cal, Plácido Lizancos Mora recolle unha data: 1706, este ano e a data mais antiga gravada xunto coas decoracións. A pesares diso toma ese dato con precaución pois podería facer referencia a construción da casa e non a feitura dos adornos.
Plácido Lizancos afirma que a meirande parte dos debuxos que aínda se conservan foron feitos nos anos 30, e que foi nos anos 50 cando se fixeron os últimos, aínda que deixa constancia de que o declive deste elemento da nosa arquitectura popular comezou trala Guerra Civil.
As fotografía recollen detalles das decoracións dunha casa da Lucencia. No lintel da portada aparece a data 1897, iso quere dicir que con toda seguridade se fixeron, como moi cedo, na primeira década do século XX.
A Lucencia.
Parroquia de Lodoso.
Monterroso

4 comentarios:
Por andar furrullando na edición HTML, tiven un problema co editor de Blogger.
Pouco mas e fago desaparecer medio blog.
Menos mal que non o perdiches, porque o teu traballo e realmente magnifico.
Este das decoracions en cal e sorprendente..
Noraboa.
GRazas o teu traballo de investigacion son un pouquiño mais un enamorado da Ulloa. E gustame moito coller o coche ou a bici, e ir a localizar os sitios dos que falas...Xa ves.
Un bico
Pois menos mal que medio blog non desapareceu. Eu levaba días detrás desta última publicación, e non podía entrar nela. Quedo aliviada.
O caso é que con este medio susto caín na conta que no blog teño moitas cousas escritas das que non gardo copia ningunha.
Teño que ver a maneira de facerlle "copia de seguridade", non sexa o demo...
Publicar un comentario