lunes, 3 de mayo de 2010

Situación actual das decoracións tradicionais feitas en cal































































Mentres que nos anos 90 as decoracións con cal carecían de valor estético e, en todo edificio que fose arranxado, os encalados eran repicados sistematicamente para deixar á vista a pedra, na actualidade comezase a darlle valor a esta manifestación da arte popular e, afortunadamente, cada vez é maior o número de casos nos que son respectados que ó contrario.
De todolos xeitos, a normativa actual de Patrimonio, non recolle especificamente a protección deste elemento da arquitectura popular, e só están protexidos si se da un dos seguintes casos:
  1. Que estean recollidos como elemento patrimonial no catálogo municipal o que pertenza o edificio.
  2. Que os encalados formen parte dun edificio protexido.
  3. Que, de oficio, a Dirección Xeral de Patrimonio, os recolla nas fichas do seu inventario.
Tendo en conta o feito da falta de protección legal real, xunto coa degradación propia das decoracións por efecto dos axentes meteorolóxicos e a destrución provocada polos arranxos de fachadas, o futuro das decoracións tradicionais con cal corre un serio risco.

Nas fotografías aparece un caso de decoracións protexidas, pois o estar protexido o edifico que as contén, neste caso a igrexa de Alvidrón, o encalado considerase parte del.


Xeral da parede e detalles da pomba, a man, a balea, a coroa e o cáliz que forman parte das decoracións.
Alvidrón.
Antas de Ulla

5 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

E que se esto non está protexido hai que fusilar a quen non o protexa...
Non vaia ser que a alguén se lle ocurra "restauralo" igual que a parta máis baixa da nave.
Aínda que non o creas, hai xente bautizada na parroquia que nunca reparou neses detalles. Boeno, todos non ;-)

Apertas

A Ulloa en fotos dijo...

Segundo o que me dixeron os de Patrimonio en Lugo, os encalados en edificios protexidos están protexidos pero ¡ollo! iso deberían sabelo tanto os curas como a xente da parroquia, e aí teño as miñas dúbidas ¿informounos alguén ou están esperando a que os "limpen" para despois dicirlles que estaban protexidos?.
O mesmo que en Alvidrón pasa cos encalados da igrexa de San Antón en Vilar de Donas que, por certo, están deteriorándose a pasos de xigante.
O caso é que se os encalados fosen recollidos no inventario dos concellos e ademais se informase os donos de que deben conservalos, terían un futuro menos negro.

Carlos dijo...

Hola
Bo reportaxe, a verdade que é unha mágoa como están estas xoias.
En Taboada hai bastantes exemplos coma dis, podes ver un pouco sobre esta técnica arquitectónica (ESGRAFIADOS)nesta páxina : http://www.concellodetaboada.com/Esgrafiados.htm
Tamén hai un exemplo na vila, na casa da cultura, na súa rehabilitación, mantivéronse/crearónse motivos, sobre todo nos laterais da casa.

Un saúdo e felicidades polo blog.
Por certo gustoume moito a foto dos lagartos... cada vez vénse menos.

A Ulloa en fotos dijo...

Gracias polos parabens.

Coñezo o artigo que está na páxina de Taboada, de feito, Xosé Manuel Vázquez (o autor do artigo) é un dos autores do traballo Debuxo e ornamentación na arquitectura do sur da provincia de Lugo do que falo nas entradas anteriores.

No concello de Taboada hai moitos mais exemplos de decoracións que na Ulloa pero, desgraciadamente, tamén se están a perder.

Saúdos

jimi dijo...

Tes un blog ben xeitoso!
Aledome de pasar por aqui, e utilizareino sabiamente para coñecer millor a concello.
Saudas