Topei na rede con un artigo titulado "Debuxo e ornamentación na arquitectura do sur da provincia de Lugo", escrito polo arquitecto Placido Lizancos Morano ano 1993.- No encabezamento fala de que el, xunto con Ana Sogo López, Xosé Manuel Vázquez Rodriguez e Xosé Luis López de Prado, realizaron entre os anos 1992m e 1993 o "inventario dos edificios decorados con debuxos realizados en cal" dentro da Ribeira Sacra Lucense e outros concellos do interior.
Para min, como para outra xente, estes debuxos sempre foron "recintados" (que é o nome que se lle dá na Ulloa ó encitado das xuntas nas fachadas exteriores das casas. Plácido Lizancos argumenta no seu traballo que estes encintados con formas "arabescas" constitúen unha forma de "decoración tradicional vencellada á arquitectura popular" e que non se trata dun encitado decorado senón "dunha manifestación artística conformada por numerosas solucións tipolóxicas".
Detalles de decoracións na Ulloa.
Gontá (Palas de Rei).
Monterroso (Monterroso).
Vilance (Monterroso).

1 comentario:
Impresionante a casa de Gontá, a de Regadío, a de Verín, a de Ermide, a capela de Vilar de Donas, a igrexa de Alvidrón e a de Sambreixo... E outras que xa eran! Por Agolada aínda temos algunha mostra, outras para lamentar, desapareceron nas últimas décadas.
Parabéns pola recolla de imaxes, por amosar exemplos que ilustran a nosa riqueza cultural. Temos un patrimonio inmenso: desde os antergos deseñando os petroglifos do Farelo ás recentes decoracións con cal dos nosos pais e avós.
Sobre o nome, aconsello ollar unha públicación recente, Esgrafiados na Ribeira Sacra, recollendo obras da Ulloa e Camba, e doutras terras. O autor, polo que sei, foi o responsable do inventario na Ulloa, e aporta moita documentación. Copio o enlace para descargar o libro:
https://turismo.ribeirasacra.org/Esgrafiados%20na%20Ribeira%20Sacra.pdf
Unha suxerencia, sería ben interesante recoller nun libro as imaxes das nosas decoracións feitas con cal. Conservar a memoria das nosas aldeas e restaurar as destacadas.
Publicar un comentario