miércoles, 7 de enero de 2009

A chamada do novo ano














Pechei o ano coas portas de Vilar de Donas e toca agora abrir este 2009. Non topei mellor maneira que buscando no meu arquivo de portas da Ulloa.

En homenaxe a aqueles ferreiros que deixaron a sua arte nas portadas das casas da Ulloa entre os anos trinta e finais dos cincuenta, manillas e petos que aínda se poden ver en moitas aldeas por moito que os "contrabandistas" da artesanía popular se empecinen en mercarlas, roubalas ou en cambialas por unhas novas de ferro galvanizado.

Manilla dunha porta de San Martiño de Vilapoupre.
Antas de Ulla.

2 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Todo un descubrimento e todo un pracer!

(Un día destes cruzámonos no camiño...coñecerémonos?)

A Ulloa en fotos dijo...

Co pequena que é a nosa Ulloa claro que cruzamos.
Como xa viche estás enlazado neste recuncho, se coñeces a alguén da Ulloa que teña blog ou web faimo saber e tamén o enlazarei.

Dúas cousas mais:
1ª-Non teño correo no blog pero leo os comentarios como se fosen mails e despois valoro se son ou non personais.
2º-Agrádame a túa Chousa porque ten ollos para as cousas pequenas e estas son a esencia diaria da Ulloa.

Agardo novas