domingo, 8 de agosto de 2010

O Camiño francés na Ulloa (8)
































Cando unha chega o marco do km. 69 (foto 1) dalle a risa. En todo o que levamos de camiño non vin un fito con tanto garabato escrito e, quédame ben claro, que o sentido erótico-popular deste número é universal, a proba está nos distintos idiomas que alí se ven.
Da gusto camiñar vendo como a paisaxe cambia segundo onde te atopes. Preto das aldeas as árbores dan paso os prados e ós campos traballados(foto 2). Chegamos así Á Brea, onde os donos do mesón que hai alí tiveron o detalle de poñer un xeitoso alpendre(foto 3) a modo de terraza que os peregrinos empregan para descansar. Alí aprendín que agora hai moito coreano facendo o Camiño dende que unha moza, coreana, publicou un libro sobre a súa experiencia como peregrina. Quedoume claro que lles gusta deixar pintadas no sitios mais raros (foto 4).

Seguimos de camiño a Lamelas (fotos 5 e 6).¿Será porque as corredoiras teñen lama?. Sempre baixo a mirada dos carballos.


Detalles do camiño entre os km. 70 a 67,5
Parroquia de Lestedo. (Palas de Rei)

4 comentarios:

Angel Utrera dijo...

VEño de facer, fai unaha semana o Camiño dende o Cebreiro, en bicicleta- xa sabes da miña aficciòn po rela- EStiven tres dias, e por soposto comparto mnoito do que comentas nesta entrada, quedei a durmir en Vendas de Naron, no albergue, e despois ata santiagio unha etapa.....
Non vou a publicar nada, pero fixen unha cronica.-
"O Camiño que Eu vin"
non sei se algun dia chegarei a publicala, pero si che interesa, dimo...Posiblemente a pase a papel
Xa verei,o que fago.

Talita dijo...

Beautiful pictures.

Anónimo dijo...

Desde que atopei o blog, no podo parar de entrar e ler, e facía moito tempo que no me pasa eso con ningún libro.Gracias por este blog tan delicioso.

A Ulloa en fotos dijo...

Angel: xa me contarás a túa experiencia no francés. Eu direiche que onde mellor o pasei foi no Camiño Primitivo, que é algo así como "o salvaxe oeste".

Anónimo: Moitas gracias a ti polo cometario. Sempre alegra saber que hai quen le isto e que ademais lle gusta, sobe moito a moral (e o ego).


Saúdos para os dous