Cando lin o libro de Carlos Parrado “Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco”, houbo un dato que me chamou a atención: Curuxás chegou á Ulloa porque seu pais viñeron de caseiros para o castelo de Pambre cando el era un neno. Pregunteille sobre este tema a Miguel Anxo, e escribiu:
“Agora xa caín en quen era O Curuxás, claro que si, xa dicía eu que me soaba! Para os nenos da Ulloa era case un mito […]
O que non sabía é que era fillo duns caseiros de Pambre. Teño que dicirllo ao meu pai, a ver se el si o sabía.”
Mais tarde contestou:
“Confirmado. Acabo de falar co meu pai e lembrei comentarlle o d'O Curuxás. Non só sabía ben que era fillo dos caseiros, senón que me comentou que pasaba tempadas agochado por Pambre, mesmo na Torre, e que alí se lle deu habitualmente comida e outros enseres durante moito tempo. Extrañouse de que eu non o soupera, non sei por que (el e o meu tío deben ser as persoas vivas que máis coñecen Pambre cun recordo vívido).
Na fotografía lateral esquerdo de Pambre.
Pambre.
Palas de Rei
1 comentario:
Que hermoso conocer estos lugares gracias a tus fotografias!!
Saludos, nos vemos
Gracias por tu visita, volveremos pronto
Publicar un comentario