domingo, 23 de mayo de 2010

Historias de Pambre II


Pregunteille a Miguel Anxo Murado Lorenzo que tiña de certo iso de que Pambre perdeuse nunha partida de carta, el contestou:

Penso que o que si é lenda é iso de que Pambre se perdeu nunha partida de cartas. Interésame moito esta historia; cando poidas hasma contar. Non sei a quen se refire o relato como perdedor: As miñas avoas e tías, que promoveron a venda, non eran xogantinas precisamente; o meu bisavó vendeuno, non o xogou (a esa altura estaba case cego; non podería xogar ás cartas), feito do que hai documentación. Antes diso, a finais do s. XIX, houbo unha redención do foro a favor dun dos Moreiras, irmán do meu bisavó (pero de outro pai, de aí o troco de apelido), creo lembrar, que llo desafora ao Duque de Alba (chamado de Berwick ou Berbique nos documentos), teima que ocupou aos Moreiras dende principios do XIX, como amosan as sucesivas cartas (epístolas, non naipes) que lle dirixen. Tamén disto hai documentos. O foro a perpetuidade (ben que non sei se ao principio comeza poñendo como límite a vida de algún rei) de 1702 di consolidar unha situación que de feito xa viña de bastante máis antigo. Tampouco sei se nesta ocasión mediou timba algunha; en calquera caso, dende o meu punto de vista, na partida houbérase gañado Pambre, non perdido... hehe”

A seguinte pregunta foi sobre que pintaban os Duques de Alba na historia de Pambre:

Sobre o que me preguntas, certamente o castelo foi da casa de Alba dende o século XVI deica redimir o foro, na derradeira década do XIX. Dos Ulloa (pouco afectos á política castelá), pasou aos condes de Monterrei no 1484, despois da derrota de Pardo de Cela, que posibelmente foron quen remataron a construción de Pambre. Durante o s. XVI os Alba integraron a liñaxe dos Monterrei e as súas propiedades, asemade procedían a unha grande concentración de propiedades (que aínda lles dura). Durante o s. XVIII, non sei que circunstancia, o título de Duque de Berwick ou Berbique, de orixe inglesa a principios dese mesmo século, penso que durante a Guerra de Sucesión Española, pasa a Alba, e a correspondencia dos Moreiras de Pambre diríxese ao Duque de Berbique, por mediación dos seus apoderados, deica o s. XIX, cando empezan a chamalo "de Alba".”

Na fotografía, o castelo de Pambre coas vacas-cortacéspede.
Pambre.
Palas de Rei.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

E agora mesmo quitas todos os comentarios... Que peniña. Ti verás o tipo de webmaster que queres ser.

Anónimo dijo...

Sabes? Estou pensando que non teño por que gardar para min isto de que pós información falsa a sabendas e que censuras os comentarios... Creo que hai que facer partícipes a todos os enlaces que pós aí e a blogaliza e outros que te listan porque levas palabras claves falsamente metidas.
Que che parece?

A Ulloa en fotos dijo...

Para que queira saber a que veñen eses comentarios, recoméndovos mirar os comentarios da entrada anterior "Historias de Pambre I".
Veñen de aí atrás e de alguén que se puxo un pouco nervioso porque eu pasei toda un fin de semana se mirar o meu correo e, por suposto, sen publicar os comentarios que tan desaforadamente foron chegando o meu correo. Supoño que, na vida moderna, iso de non acender o ordenador tódolos días non debe ser algo moi normal, pero eu considérome unha gran afortunada por non ter a obriga de facelo.

Uska Hope dijo...

Achei lindo o castelo, muito sereno.

magata@mundo-r.com dijo...

Estou asustado, que raios lle pasa a este anónimo?, non ten que facer na casa?.
Anónimo, mira, logo ve, e de vagar, le calquera dos post que ten este blog, haber se che cae a venda dos ollos e non ghastas as enerxías en amolar este extraordinario exemplo de divulgación gratuíta da nosa cultura popular.
Na Ulloa, desculpádeo porque non sabe o que di.