jueves, 20 de mayo de 2010

Historias de Pambre I
















Fai mes e medio fixen unha conta no facebook co nome de “A Ulloa en fotos”. Comecei a colgar fotos da Ulloa e a xuntar amigos. Por estas cousas que ten a rede, un dos primeiros en chamar a porta foi Miguel Anxo Murado [ollo, Miguel Anxo Murado Lorenzo, non confundir con Miguel-Anxo Murado López] que, para que non ó saiba, e descendente do “verdadeiro derradeiro” dono de Pambre. Eu tiña escoitado que foran os Murado [da Ulloa] os que venderan Pambre ó defunto Conde de Borraxeiros, pero nos documentos nunca aparecía tal apelido, e xa tiña iso dos Murado como unha desas moitas cousas que se din de Pambre e que son lenda. Pregunteillo e Miguel Anxo contestou o seguinte:


Pois o dos Murado en Pambre non che era lenda, non (carallo, que pronto se constrúe o imaxinario; a ver se vou ser eu, xa que logo, un ente lendario). De calquera xeito, este apelido apareceu por Pambre nos anos 30 do século pasado, levado polo meu avó ao casar coa miña avoa, filla de Manuel García Blanco, ben coñecido por Lugo, o verdadeiro derradeiro dono da Torre dende pouco antes do século XX deica a súa morte nos anos 70. Por Palas era coñecido como Manolo "da Torre".

En todo caso, o apelido máis vencellado a Pambre é Moreiras, que a miña familia perdeu a finais do XIX, precisamente cando naceu o meu bisavó froito dunhas segundas nupcias, mudando o apelido da liñaxe. Dende antes do s. XVIII sempre houbo Moreiras en Pambre. Normalmente, un dos irmáns era o párroco de San Pedro de Pambre (a capela do patio de armas do castelo, fronte da casa, a carón do grande hórreo mutilado polo barbarote do último dono); outro adoitaba ir para Lugo e adicarse á cousa dos papeleos (asinando nos documentos como "escribano", "letrado", "notario", etc.); o terceiro dos irmáns, que asina nos documentos como "labrego", era propiamente quen se coitaba da Torre. Todo un retrato abranguente da sociedade do Antigo Réxime e unha proba da sabedoría da nosa sociedade tradicional. Había tamén irmás, pero para isto non contaban (ben que o patrimonio semellaba herdarse matriliñalmente, como parecen reflectir as herdanzas e as segundas nupcias; o ancestral matriarcado do campo galego (mater certa, pater incertus).”



Na fotografía, Pambre visto dende o castro de Remonde
Pambre.
Palas de Rei

10 comentarios:

A Ulloa en fotos dijo...

Por certo, fai unha semana facebook canceloume a conta porque, segundo eles din, empregaba a conta para facer negocios. Manda narices, eu que so colgara unhas fotos da Ulloa para ensinarllas ó mundo...

Anónimo dijo...

Penso que estaría ben aclarar que o "Miguel Anxo Murado" do que falas é Miguel Anxo Murado Lorenzo, non o escritor Miguel-Anxo Murado (López), que me consta que non ten conta en Facebook.

A Ulloa en fotos dijo...

Pois si é Miguel Anxo Murado Lorenzo, pero esta persoa non está nesta entrada por ser ou non escritor, senón por ser parte da memoria viva do castelo de Pambre

Anónimo dijo...

Xa o imaxinaba. Pois se ese rapaz quere escribir, mesmo en internet, debería aclaralo. E ti, que agora o sabes, tamén na túa entrada. É unha cuestión de honestidade.

Anónimo dijo...

Posto que é así, por que non o corrixes para que a xente non se confunda?

Anónimo dijo...

Coñeces as regras de Blogger.com?
http://www.blogger.com/content.g

Mira sobre todo este parágrafo:

"Suplantación de identidad: no engañe ni confunda a los lectores haciéndose pasar por otra persona o haciendo ver que representa a una organización cuando realmente no es así. No queremos decir que no pueda publicar parodias o sátiras, simplemente evite el contenido que pueda confundir a los lectores sobre su verdadera identidad."

Ti verás.

A Ulloa en fotos dijo...

Que eu saiba aquí de momento aínda non se censura a ninguén.

Vamos a ver, ¿pero ti pensas que eu estou todo o día diante do ordenador mirando quen deixa comentarios neste sitio? Pois non. Aquí unha ten a súa vida e o do blog é un pasatempo, e dende logo, cunha fin de semana radiante como a que tivemos nin pola idea se me pasa acender o ordenador, porque realmente co que unha disfruta é coa vida que está aí fora e que, estes días, ten este sabor engaiolante a verán.

Supoño que ti es Miguel Anxo Murado, o escritor, de ser así non houbera estado de mais dicir: "Ei, que eu son o escritor e créame un conflito de intereses que haia alguén que se chame coma min, porque iso crea confusión".

Mira, non creo que Miguel Anxo Murado Lorenzo se faga pasar por unha persoa que non é, pero de tódolos xeitos terei que volver a crearme unha conta no dichoso facebook para poder dicirlle que faga o favor de ler estas entradas.

Para que non te sintas ofendido nin ti ni ninguén, reescribirei a entrada deixando claro que o Miguel Anxo do que falo é Murado Lorenzo.

¿Paréceche ben?

Saúdos dende A Ulloa.

Por certo, se tes algo mais que dicir aquí estou, publicareino, pero non sufras se non é algo instantáneo,o bo de escribir de balde é que unha só acende o ordenador cando lle peta.

magata@mundo-r.com dijo...

Dende logo hai que ter unha paciencia de caramba.
Anónimo, mira unha cousiña, en vez de disparar o teclado á primeira de cambio, recoméndoche que leas e vexas a modo, a paseniño, tres ou catro post deste blog, son un regalo para os nosos sentidos e para a nosa cultura popular, ese espirito desinteresado nótase (se lle prestas unha migha de tempo) en cada foto e liña deste blog.
Anónimo, dicía, se tes gañas de cagharte vai ao baño, pecha a porta e non molestes.
Compañeiro da Ulloa; Moitas Sempre.

A Ulloa en fotos dijo...

Vaia.

Grazas polo apoio moral. Agradecese de verdade.

Por certo, tes que cambiar o de Compañeiro da Ulloa por Compañeira da Ulloa :)

Saúdos agarimoso dende A Ulloa

magata@mundo-r.com dijo...

Perdoa, por non decatarme (logo de tanto tempo) de que este blog estaba escrito por unha compañeira. Fíxate que interiorizado está o machismo en nós (falo de min), micagho na tos!. A verdade é que o espírito e a sensibilidade con que fas este blog amosa unha compañeira, non un compañeiro. Unha aperta e moitos azos