sábado, 24 de abril de 2010

Tipoloxía das decoracións feitas con cal nos edificios da Ulloa































































No traballo "Debuxo e ornamentación na arquitectura do sur da provincia de Lugo" clasifica os debuxos segundo a forma de gravalos nas fachadas. De este xeito estarían, por unha banda, "os pintados sobre unha capa de recebo ou encalado" (fotos 1 e 2), deste sistema quedan moi poucos exemplos pero a súa escaseza queda compensada coa súa vistosidade. Por outro lado estarían "os pintados formando parte do encintado" (foto 3) e que na Ulloa constitúen a case totalidade de debuxos. Por último, "os pintados directamente sobre a pedra", dos que eu so coñezo o da última fotografía, que para maior desgraza está a piques de desaparecer. Neste último debuxo, que pode verse na fachada dunha casa de Vilane (Antas de Ulla), representábanse, segundo me dixo un veciño, unha banda de gaiteiros, formada por dous gaiteiros, un home con un bombo e outro con unha especie de tuba.


Detalles de diferentes técnicas.
Foto 1: Regadío (Antas de Ulla)
Foto 2:Vilar de Donas (Palas de Rei)
Foto 3: Monterroso (Monterroso)
Foto 4: Vilane (Antas de Ulla)

3 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Na aldea de Ermide (perto de Santa Cristina, camiño de San Fiz)e tamén en Senande hai manifestacións coma as de Vilane. Incluso en mellor estado.
E faltouche a Igrexa de Alvidrón na serie de fotografías, que -curiosamente- observo figuras practicamente idénticas ás da foto 3

Apertas

busto.agolada dijo...

Enormemente interesante este estudo e recollida de imaxes dos encintados tradicionais. Son arte popular, arte máxica, arte plena.
Apertas.

A Ulloa en fotos dijo...

Gracias Chouso pola información. Cando vaia por Ermide ou Senande mirarei ó que me dis.

Ó da igrexa de Alvidrón queda para outro capítulo, de feito, penso que os debuxos de Alvidrón e os de Gontá son os mais "famosos".