As cabaceiras, debido o material do que están feitas, teñen unha duración que vai dende os catro ós dez anos, aínda que este espazo sempre ven marcado polas condicións climáticas (por exemplo, o temporal do inverno pasado, o Klaus, rematou co cabazos de Dorra que aparece na foto 1) e a destreza de quen fai o cabazo (non ter as proporcións adecuadas, como é o caso do cabazo de Maceda -foto 2-, faino moito mais inestable).
A curta duración dos cabeceiros, unida á despoboación do rural e a perda de moitos dos costumes agrícolas, fai que o número de concellos nos que os cabazos perviven sexa cada vez menor.
Polos datos que fun recollendo noutros tempos houbo cabazos nos concellos de Poio e Forcarei (Pontevedra), San Sadurniño, Moeche, Laracha, Boiro, Arzúa (todos eles son concellos de A Coruña), Outerio de Rei, Begonte, Meira, Chantada e Ferreira de Pantón (na provincia de Lugo). Non atopei datos do que houbo en Ourense supoño que porque aínda ninguén os recolleu e ademais porque en moitos sitios de Ourense chámaselle cabaceira ó hórreo e iso dificulta atopalos na rede.
Na actualidade segue sendo o interior de Galicia a zona onde mais exemplares se poden ver, así, ademais de estar presentes en toda a comarca da Ulloa, tamén se atopan en Friol, Taboada, Rodeiro (Pontevedra), Agolada (Pontevedra) e Melide (A Coruña). Xa mais afastados do centro pódense ver nos concellos de A Lama (Pontevedra), Caldas de Reis (Pontevedra), Carral (A Coruña), Vilalba (Lugo), Pereiro de Aguiar (Ourense) e na aldea de Vivenzo, no concello de Melón (Ourense).
Cabazo desaparecido de Dorra e cabazo e detalles do cabazo de Maceda.
Dorra, Antas de Ulla.
Maceda, Palas de Rei.
2 comentarios:
Dicíase que as cabiceiras eran o "hórreo dos pobres". E en certo modo non deixaba de responder á verdade, xa que resultaba moito máis asequible facer unha destas pezas que encargar a construcción dun hórreo de cantería.
Pero hai que recoñecer a magnífica solución que viñan dando, xa que lograban "curar" o millo con excelente resultado, protexéndoo dos ratos e partindo da idea dun cesto e utilizando materiais moi sinxelos. O cal pon de manifesto a altísima capacidade de inventiva dos nosos "enxeñeiros", facultados pola vida, sen pasar polas facultades...
Bo traballo.
Unha aperta
Acabo de recordar uno (que habrá muchos más distribuidos por toda Galicia) en Santa Mariña de Aguasantas cerca de Allariz
Publicar un comentario