jueves, 22 de abril de 2010

Distribución xeográfica das decoracións feitas con cal nos edificios da Ulloa































































Sobre a distribución xeográfica destas decoracións nos edificios galegos, o traballo de Plácido Lizancos Mora expón que se da nos concellos de Monforte, Sober, Pobra do Brollón, Ferreira de Pantón, Carballedo, O Saviñao, Taboada, Guntín de pallares, Portomarín e os tres concellos da Comarca da Ulloa. Tamén fala da existencia de técnicas parecidas en algún punto da Ribeira Sacra de Ourense e en zonas de Ourense limítrofes con Portugal.

Se analizamos a distribución xeográfica dentro da Ulloa hai que dicir que está ausente do norte e norleste da Ulloa. Esta ausencia é lóxica xa que, na construción das casas desa zona, non se empregan grandes pedras de granito senón pedras de lousa de pequeno tamaño onde o encalado está ausente ou, se o hai, non ten decoracións (mellor dito, eu non as vin). Salvo esa excepción, na Ulloa pódense ver estas decoracións en calquera dos concellos, con especial presenza naquelas parroquias onde se reformaron un menor número de casa nos últimos anos xa que, por desgraza, as reformas das casas veñen acompañadas do repicado sistemático dos encalados.


Detalles de distintas casas dos tres concellos da Ulloa.
Foto 1: Castro de Amarante (Antas de Ulla).
Fotos 2 e 3: Gontá (Palas de Rei)
Foto 4: Vilance (Monterroso)

2 comentarios:

Algalia dijo...

Realmente interesante o estudo deste tipo de decoración. Tamén estou de acordo contigo en que desgraciadamente, moitos destes traballos se perderon en intervencións recentes ou en "restauracións malentendidas". Houbo casas no rural que foron feitas para ser rematadas con estas ornamentacións, e nas que a "dictadura" da estética actual, optou por suprimilas. Nós en Friol, de momento temos identificada só unha (pendente de publicar), e non tan vistosa como a que publicas. Pero estamos aínda rastrexando moito e non damos feito.
Saúdos... e coma sempre... parabéns.

Uska Hope dijo...

Que fermoso traballo, que riqueza!! Esa viaxe ao pasado non ten prezo ...

Uska Hope