viernes, 5 de junio de 2009

Monte de Chaos: Grupos III y IV



































































































Nas dúas entradas anteriores falei dos grupos I e II do Monte de Chaos, de estes hai estudo feito, pero alí hai 7 penas mais sen estudar.

Según os fun coñecendo púxenlles nome seguindo o estudo de Goberna e Novoa, así as seguintes penas quedaron bautizadas cunha numeración que non ten que ver coa importancia dos gravados que contén, senón co momento en que ía topando con elas. Ó non estar estudadas non hai calco e polo tanto tedes que conformarvos coas miñas fotos.

As tres primeiras fotografías pertencen o Grupo III de Monte de Chaos, na zona das Penas Malvis. Esta rocha contén 14 gravados, 11 na parte superior (fotos 1 e 2) e tres mais nunha rocha mais baixa que está o seu carón (foto 3), estes últimos bastante mais desgastados. O círculo mais grande ten uns 80 cm de diámetro e son ben curiosas (e fermosas) as distintas superposicións que se ven en todo o grupo.

As catro fotografías restantes pertencen o Grupo IV. Están a rás de chán a carón do grupo anterior. Polo desgaste desta pedra son mais difíciles de ver a non ser que a luz sexa a apropiada. Este grupo ¡é unha xoia! Son mais de 20 gravados entre os que destacan tres en particular: as dúas figuras que eu chámo, os "trévores de Chaos" (foto 6 e foto 7) e ese estrano gravado situado a carón dun dos trébores (foto 7) que, polo desgaste, non se chega a saber moi ben ó que é. Dicir dos "trévores" que só coñezo un gravado deste tipo en todo o repertorio de gravados rupestres do Atlántico, e está no norte de Portugal. Este grupo, o IV, necesita un calco con urxencia, así que, se coñeces algún arqueólogo que se preste a facer un traballo por amor a arte xa sabedes, que se poña en contacto conmigo e levareino alí.

Xeral e detalles dos grupos III e IV.
Monte de Chaos-Penas Malvis.
San Fiz de Amarante.
Antas de Ulla


No hay comentarios: