lunes, 14 de junio de 2010

O interior de Pambre en fotos (3)




































































Nas 3 primeiras fotografías os espazos que rodean á torre da homenaxe. Na última, unha das pezas que coroan a torre formando as ameas e que non fai moitos anos caeu do seu emprazamento orixinal.


Interior do castelo de Pambre.
Pambre.
Palas de Rei

sábado, 12 de junio de 2010

O interior de Pambre en fotos (2)




































































Unha vez atravesas a porta ó recinto que delimitan as torres atopas isto.

Non sei que dicir. Dicir que polo menos está mais limpo (de maleza) que a última vez que eu entrei.


Interior do castelo de Pambre.
Pambre.
Palas de Rei.

viernes, 11 de junio de 2010

O interior de Pambre en fotos (1)














































































Aínda non teño boas fotos do interior de Pambre, necesito ir a horas diferentes para aproveitar a luz segundo a hora do día. De tódolos xeitos vou a sacar o que teño, así que tedes que desculpar eses excesos de luz que queiman algunha das fotos que veredes nos vindeiros días.

Dende o patio de armas ábrese unha porta cara o interior do recinto que delimitan as torres. No seu interior: a t0rre da homenaxe. Nas fotografías vese o lugar de entrada.



Interior do castelo de Pambre.
Pambre.
Palas de Rei

jueves, 10 de junio de 2010

Castelo de Pambre: Horario e normas de visita


































¡Ollo! A duración máxima da visita serán 30 minutos.

Castelo de Pambre.
Pambre.
Palas de Rei

martes, 1 de junio de 2010

Castelo de Pambre: horario de apertura





















































Hoxe, día 1 de xuño de 2010, as portas do castelo de Pambre abríronse ó público. Bueno, en realidade hoxe foi a apertura oficial: o alcalde, membros do goberno municipal, os veciños, algún curioso, e uns canapés e viño para celebralo.
Eu saio de traballar as sete da tarde, collo o coche e vou para alí porque, segundo lin no artigo que o periódico El Pais publicou o domingo,

o horario de apertura
é de 11 a 13 horas e de 16 a 20 horas,
De balde e todos os días da semana

(mentres o concello non diga o contrario).

Cheguei alí as sete e media e, efectivamente, a porta estaba aberta e había xente dentro. Collo a cámara e comezo a sacar fotos ata que, o famoso Pepe (o do can), dime que está pechado, que hoxe foi a inauguración pola mañá pero que ata mañá non se abre. Pepe ten ganas de falar, aínda que mais que el quen fala e o viño do acto oficial. Por educación podo escoitar certas cousas dez ou quince minutos pero non mais. Así que voume do castelo porque prefiro ver Pambre ao meu aire e sen moscas asubiándome nas orellas (por certo, hai un fermoso enxamio de abellas debaixo do hórreo).


Nas fotografías a porta aberta de Pambre, o hórreo e a capela.
Pambre.
Palas de Rei