martes, 20 de julio de 2010

O Camiño francés na Ulloa (2)



































































































No Km 74 está Ligonde. O entrar nos recibe un fermoso hórreo (foto 1), fermoso ata que estás o seu carón e ves que xa lle plantificaron ladrillo. Uns metros mais adiante, a man esquerda do camiño, está a fonte de Xan Ramón ou do Piloño (foto 2). No 2007, María José Gómez Alvite, sacoulle unha fotografía que aparece no seu libro "Ligonde y el Camino de Santiago", a fonte aparecía limpa e coidada cousa que agora non sucede.
Preto da fonte, na man dereita do camiño, están as ruínas da Casa do Rego, (fotos 3 e 4) onde varios autores situaban o "Hospital de Peregrinos", que Gómez Alvite sitúa na actual Casa do correo. No lintel da Casa do Rego pode verse unha inscrición que Alvite transcribe como "1810 ONA ANO DE 1918" e que di, pode referirse a data de inicio e fin do edifico, cousa que o meu xuízo e pouco probable.
Seguindo pola aldea atópase o lugar no que estivo o Cemiterio de Peregrinos (do que xa falei neste sitio) e case fronte del está a Casa de Carneiro, casa que foi hospedaxe de Carlos I o 24 de Marzo de 1520, quen otorgou a casa o "Dereito de asilo", e dicir, os fuxidos que chegasen a porta da casa xa non podían ser apresados. A case aínda conserva os dous escudos (foto 5) da familia no seu exterior.
Xa saíndo da aldea atópase a Casa de Montes, que chama a atención pola inscrición que ten no lintel da portada (foto 6): "FELIPE VILA AÑO D 1838", esta casa foi Casa rectoral ata o século XIX.

Saio de Ligonde. Camiñando...


Detalle da aldea de Ligonde.
Ligonde.
Monterroso

7 comentarios:

mobis dijo...

Precioso post, invitoche a que compartas as fotografías no noso grupo de Flickr.
http://www.flickr.com/groups/xacobeo2010/

Pablo C. dijo...

Mira esta nova, pode que che interese:

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/07/15/o-concello-de-palas-de-rei-fusilame-contido-sobre-o-castelo-de-pambre/

A Ulloa en fotos dijo...

Gracias pola invitación. Xa mirarei a ver como se fai iso.

gonzo dijo...

Non che son un fenómeno nisto pero se eliminas antes de publicar o post, os espacios libres entre a foto e o texto coa tecla de borrar (flecha invertida) quédanche máis macanudos os artigos.
Unha forte aperta e bos camiños dende o teu veciño de A Nosa Historia.

A Ulloa en fotos dijo...

Non sei como se ven no teu ordenador pero no meu vense ben. Penso que os espazos que ten son os que necesita. Non será que che falta algún pluging deses.


Non sei, non entendín moi ben a que te refires.

Saúdos dende A Ulloa

A Ulloa en fotos dijo...

Moitas grazas Pablo pola información. É de vergonza iso de que che rouben o contido do teu blog.

Grazas polo aviso

A Ulloa en fotos dijo...

Quería dicir o contido do seu blog