martes, 16 de febrero de 2010

San Martiño de Curbian






























































































A igrexa de San Martiño de Curbián data do século XIII, pero a súa porte románica está foi moi alterada polas reformas posteriores. Así perdeu a súa ábsida pero aínda conserva integra a nave e o arco triunfal.
Do exterior destaca a súa porta principal (foto 1) aínda cos seus capiteis son mais ben toscos (fotos 2 e 3).
Do interior destacar os pequenos restos de pintura mural (foto 4) que se conservan en non moi bo estado (para variar), nelas pódese ver a representación da Virxe chorando o corpo de Cristo "A Piedade" (foto 5) e na outra "Cristo saíndo do sepulcro ante ¿San Martiño Dumiense?" (San Martiño era Bispo pero non sei...). Estas pinturas son nomeadas no estudio de Alicia P. Suárez-Ferrín "La iconografía medieval en los murales gallegos de los siglos XIV, XV y XVI", aínda así, a día de hoxe seguen sen tomarse medidas para a súa conservación.


Detalle do exterior e interior da igrexa
Curbián
Palas de Rei

3 comentarios:

A Ulloa en fotos dijo...

Na páxina oficial do concello de Palas, cando se refire a esta parroquia, di que "neste lugar foi achada unha ara votiva de época romana que se atopa na actualidade no Museo Provincial de Lugo".

Angel Utrera dijo...

Non sei si ir maña a vela, ou quedarme na de San Salvador de Sanbreixo..¿ti que dis..?

A Ulloa en fotos dijo...

Son dúas igrexas totalmente distintas, e o entorno tamén o é.

Se vas a Curbian podes ir tamén a San Cibrao e xa de paso a Pambre.

Se vas a Sambreixo recoméndoche que subas ata os Castelos de Ambarría, as vistas da Ulloa valen a pena e o coche chega ata moi preto.