Fai sete anos, no 2003, decateime da rapidez coa que estaban a desaparecer os tiradores vellos das portas. Había tempo que ós meus oídos chegara o conto de que polas aldeas andaban os "anticuarios" buscando cousas que mercar e entre elas estaban os tiradores das portas e portadas. Decidín entón facer o inventario fotográfico de tiradores da Ulloa, pero nin sequera conseguín completar o inventario de Antas de Ulla (que é concello mais pequeno), unha mágoa porque houbese sido un traballo interesante.
Os tiradores empregados nas portas son pezas moito mais sinxelas que os empregados nas portadas, de feito a forza que teñen que soportar é moito menor. A pesares diso, para min, a súa beleza é indiscutible.
Tiradores de Aboi, Casa de Naia, Olveda e Santiso
Antas de Ulla
2 comentarios:
Mágoa a perda destes elementos funcionais e ao tempo ornamentais das nosas vivendas.
Mágoa non ter feito un catálogo dos mesmos
E mágoa de ser produto cobizado polos mercantilistas que a todo poñen prezo.
Ao tempo é un campo de investigación moi apetecible aínda que sexa pequeno o campo de pescuda e pequenos os resultados.
Mirarei nas nosas andanzas con máis detemento as portas.
Sempre abrindo camiños ulloaenfotos!
Seguirei sacando cousas de aquel intento de inventario. De feito eu sigo facendo fotos deles cando vexo algún de tipo diferente dos que teño "catalogados".
Publicar un comentario