Cada vez son mais escasos os hórreos pintados que aínda conservan a antiga decoración xeométrica que tan común foi na nosa comarca.
Dende antigo, a madeira dos hórreos era pintada co fin de protexela das inclemencias do tempo, supoño que eses deseños só son produto do sentimento estético do dono do hórreo en cuestión. A práctica de pintalos era común e ademais lóxica.
A partires dos anos setenta, a moitos hórreos cambiouselles a súa madeira orixinal por un arrepiante ladrillo, esta aptitude é froito dese pragmatismo tan noso (o ladrillo dura mais ca madeira) e tan antiestético. É curioso, sen embargo, como a costume dos deseños continuou a facerse sobre o ladrillo. Na actualidade, predomina a estética de deixar a madeira a vista e polo tanto estanse a perder os debuxos.
Nestes días estiven a buscar exemplares deses hórreos antigos pintados, só atopei cinco, dous no concello de Antas de Ulla e tres no de Palas de Rei. Os que tedes nas fotografía corresponden ós situados no concello de Antas de Ulla en Castro de Amarante e San Martiño de Villapoupre (fotos 1 a 4), e o situado en Mosteiro de Devesa no concello de Palas de Rei, que como se pode apreciar, está a perder os debuxos.
Por último deixar constancia que aínda hai quen segue a facer os seus deseños, como é o caso dese hórreo pequeniño da última fotografía, que está en Ponte Campaña (Palas de Rei).
Detalles dos hórreos e os seus deseños.
Distintas aldeas dos concellos de Antas de Ulla e Palas de Rei
Atravesa o espello cara A Outra Ulloa
4 comentarios:
Apuntas moi ben os motivos polos que se pintaba a madeira. Habitualmente era moi habitual alternar dúas cores entre claros e a doela horizontal a xeito de tableiro. Tamén se estilaba moito o emprego de dúas cores únicas separadas por ese listón horizontal.
Claro que, no medio do habitual, sempre hai quen se saltaba a "normalidade" realizando virguerías como o de Pérez que amosas na foto. Algún outro nese estilo hai en Aboi; pero sempre mantendo as liñas rectas e xogando coa xeometría dos rombos, triángulos ou cadrados.
Se un día das unha volta por Frádegas has ver a liberdade que algúns "artistas" se tomaron no uso da pintura sobre estas obras de arte que son os hórreos...
Apertas
Belas fotos!
Non sei se si fixaches no titulo da entrada "Hórreos pintados I". Iso quere dicir que hai unha segunda parte esperando a que teña algo de tempo para rematar o texto, o mellor mañá ou o venres.
Recoméndoche que a vexas porque ten moito que ver co teu comentario.
Felicidades por este trabajo, me gustan mucho las fotos, muy interesante.
Gerardo
Publicar un comentario