![](http://3.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/SgyMpV2H2oI/AAAAAAAAA7U/peoCuhBntF0/s400/Amoexa+int+2.jpg)
![](http://1.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/SgyMVBl6O4I/AAAAAAAAA7M/fmOPvAT_soc/s400/Panel+Amoexa+1.jpg)
![](http://lh4.ggpht.com/_3tJnd8_5e60/SgyMVGObNAI/AAAAAAAAA7E/fmointiXWoQ/s400/Panel++Amoexa+1+detalle.jpg)
![](http://1.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/Sg1fg2E2VWI/AAAAAAAAA7k/PzVVrGN31hA/s400/Panel+abside+5.jpg)
![](http://2.bp.blogspot.com/_3tJnd8_5e60/SgyMUnMxaLI/AAAAAAAAA6s/BfZWMjrvuRA/s400/Panel+abside+1.jpg)
Recordo a primeira vez que entrei nesta igrexa, fai uns dez anos. Por aquelas acababan de facer obras, estaba de moda iso de quitar o encalado e deixar o interior a pedra vista. Foi unha sorpresa velas pinturas que se salvaron, e digo "que se salvaron" porque literalmente foi así. Os albañiles non se decataron das pinturas ata cun veciño as viu e mandounos parar. Houbera sido moi interesante ver todo ó que se perdeu, agora só queda un panel duns dous metros de longo por dous e medio de alto como podedes ver na parte esquerda da foto 1. Non teño claro qué se representa nel, (fotos 2 e 3) supoño que é Cristo recibindo os lategazos porque parece co home ten un látego na man.
Daquela primeira visita teño outro recordo, o meu guía (nativo de Amoexa), contoume que detrás do retablo (foto 4) tamén había pinturas e que non estaban encaladas, metínme no pequeno recuncho que queda entre o retablo e a parede e ¡alí estaban!. Non é doado sacar un foto nun espazo tan pequeno, pero aí tedes unha (foto 5).
Detalle do interior da igrexa.
Amoexa.
Antas de Ulla.
Por certo, é denuncia o repinte que lle meteron a ese retablo, pero iso xa o dichen fai tempo na Outra Ulloa
2 comentarios:
Un bo traballo!. A este paso vas acabar sendo Indiana Jones da Ulloa!!!.
Cala, que de Indiana Jones xa fixen algunha vez no Farelo e non teño bó recordo.
Publicar un comentario