viernes, 13 de marzo de 2009

O muiño das Augas de Frádegas




















Da outra banda do río, xunto o balneario de Frádegas, atópase o muiño.
Deixou de funcionar a finais dos setenta, sendo ó último muñeiro Pepe de Rigueira (de Santa Mariña), o marido de Ascensión Santos Barros, a súa propietaria.
Muiño maquieiro de tres pedras (pedras francesas, como se lles chamaba) que aínda seguen alí. Ademais da construcción propiamente dita, o muiño tiña a cuadra para as bestas, un pequeno cuarto para ó muiñeiro e un forno, pero estes dous últimos xa están en ruinas. Sorprende ver como o lavadeiro (o carón da saída da auga) segue en pé e sorprende tamén que a tosta da presa (unha das mais grandes da comarca, preto duns 150 metros) continue a resistir crecidas a pesar do abandono.
Por certo, ata fai uns tres anos, na entrada, aínda estaba unha argola de ferro para amarrar os cabalos. Algún pirata levouma.
Detalles da entrada do muiño, saída da auga (con lavadeiro ó pé) e tosta da presa. As Augas de Frádegas. Parroquia de Pidre. Palas de Rei
Mira pola fiestra do muiño atravesando cara A Outra Ulloa

2 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Nos vellos muiños síntome sempre moi ben. Gústame o ulido, que ainda se pode adiviñar, a esa mistura de fariña, auga e ruido acompasado e rítmico da madeira baténdose para ir soltando o gran...Mesmo semella que o tempo quedou detido entre as catro paredes cheas de musgo e o entarimado sobre as buxas...

Este muiño de Frádegas gústame especialmente. As fotos que teño tirado alí dan para unha exposición.
Unha vez máis volvemos coincidir nesa captura máxica que fai o rio nese punto sobre nos. Gústanme as fotos que ti fixeches.

A Ulloa en fotos dijo...

Gustaríame ver a exposición. Onde a vas facer?

Gustome verte. Temos que coincidir mais amiudo