jueves, 29 de agosto de 2013
miércoles, 22 de agosto de 2012
Son d'aldea 2012
Outra vez "Son d'aldea". Paseino tan ben o ano pasado que xa saquei a miña entrada para este. Se queredes mais información sobre como mercar a vosa entrada o sobre o programa, podes entrar na súa web www.sondaldea.es.
miércoles, 28 de marzo de 2012
Proxecto básico e de execución de rehabilitación Castelo de Pambre
PREGUNTA:
¿Como se poden pagar 48.700 euros (sen IVE) pola redacción do "Proxecto básico e de execución de rehabilitación Castelo de Pambre?
OLLO!! R- E-D-A-C-C-I-O-N !!!
PARA MAIS INFORMACIÓN VER A PÁXINA DOS CONTRATOS DA XUNTA:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=218&PA=1&ID=700&lang=gl
E aquí tedes a quen lle tocou
http://www.contratosdegalicia.es/licitacion
OLLO!! ADXUDICACIÓN SEN PUBLICIDADE!!!
domingo, 25 de marzo de 2012
Torres e Fortalezas da Ulloa (1)
No transcurso de 1955, a
Deputación Provincial de Lugo imprime o primeiro tomo de "Fortalezas
de Lugo y su provincia", que segundo di o propio autor, Manuel
Vazquez Seijas, proponse "solamente relacionar las fortalezas
medioevales de que temos noticia, existentes unas, desaparecidas
otras, comprendiendo en esta denominación genérica, murallas,
fortalezas, castillos, torres, casas-torres y casas-fuertes."
Dito inventario remataría sendo un
compendio de 6 tomos que foron publicados nos anos 1955, 1959, 1962,
1967, 1970 e 1973.
Se nos centramos so no que se refire
Á Ulloa, Vazquez Seijas inventaría 17 edificacións: 6 castelos, 1
fortaleza, 7 torres e 3 casas-torres. Claro que, como el di, neste
inventario aparecen tanto os edificios existentes como os que xa
desapareceron.
O listado, separado por concellos
sería o seguinte:
- Antas de Ulla : Castelo de Amarante e Torre do pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante (as dúas existen na actualidade)
- Monterroso : Casa-torre de Monterroso, Casa de Cumbraos, Torre de San Miguel de Penas, Torre de Fente, Torre de Bidouredo e Torre de Güimil (as tres primeiras existen, as tres últimas xa están desaparecidas)
- Palas de Rei: Castelo de Pambre, Casa-torre de Fontecuberta, Torres dos Ulloa, Torre de Quindimil, Fortaleza de Pena da Merla (cinco que aínda existen), Castelo de Ramil, Castelo de Felpós, Castelo de Curvián e Castelo de Castro das Seixas (catro desaparecidas).
Dicir
o respecto desta lista que nela non aparece o Castelo de Sirgal,
vivenda dos Condes de Monterroso e supostamente desaparecido a mans
dos irmandiños. Non sei se a súa ausencia débese a falta de
documentación histórica que avale a súa existencia ou se foi
excluída por outra razón.
Foto1:
Torre do Pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante (Antas de Ulla)
Foto
2: Torre de San Miguel de Penas (Monterroso)
Foto
3: Castelo de Pambre (Palas de Rei)
Etiquetas:
Antas de Ulla,
Castelos,
Monterroso,
Palas de Rei,
Torres e Fortalezas
sábado, 18 de febrero de 2012
Son d'aldea 2011: mallando con mallo
O remate do roteiro teatral de Son d'aldea foi unha malla, pero unha malla sen máquinas, unha malla con mallo: a man e sobre a eira.
Para min o mellor da malla foi toparme con Filomena (foto 7). Ela faloume dos anos cando era nena e a malla, a pesar de ser unha labor dura tiña ese aquel de festa. Filomena, na súa lembranza de outros tempos, contoume o que era unha raposa: "Os maiores dicíannos aos nenos que a ver quen facía a raposa mais grande" [eu non sabía que era unha raposa e pregunteille] "Recollíamos as espigas que quedaban polo chao e íamos facendo un fachuco, así (foto 8) pero con moitas mais, e logo atabase cunhas pallas". Ela recolleu espigas e deumas para que eu as atase. Ateinas e leveinas para a miña casa. Agora están xunto a ventá da miña cociña.
Dende aquí os meus parabens a todas e todos os que fixeron posible que o Son d'aldea 2011. Grazas por facerme tan feliz por un día.
Detalles do Son d'aldea 2011.
Santiago de Albá.
Palas de Rei
Dende aquí os meus parabens a todas e todos os que fixeron posible que o Son d'aldea 2011. Grazas por facerme tan feliz por un día.
Detalles do Son d'aldea 2011.
Santiago de Albá.
Palas de Rei
Etiquetas:
Palas de Rei,
Tradicións,
Xente da Ulloa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)