sábado, 31 de enero de 2009

Os muíños do Corgo I




















































A complexidade do conxunto dos muíños do Corgo fai necesario plantexarme mais dunha entrada para eles porque, son totalmente consciente, de que é imposible describirlos dunha soa vez, é mais, penso que para entendelos hai que ir alí, e ver o que foi unha obra mestra de inxenería hidraúlica e integración co entorno, que aínda se conserva grazas o empeño dos seus donos por mantelo en bo estado.

O primeiro dos muiños e a tosta foron feitos no século XIX polo herdeiro da casa de Guerra de Sanmartiño de Vilapoupre quen o venderon a Tomás Guerra e a súa dona Andrea (da casa de Guerra de Alvidrón, Antas de Ulla). Xa no século XX, un sobriño diste, emigrante retornado de México, ampliou a canle construindo o aserradoiro, a casa e o muiño grande. Esta obra tivo que supoñer no seu tempo,(coñecendo os medios de traballo de entón) moitos canteiros, axudantes, cartos e tempo empregados na súa construcción.

O conxunto consta de dous muiños, o aserradoiro, unha vivenda e un alpendre. Preto deles pódese ver outro edificio, o actual refuxio de pescadores, que pertencía a outra familia.

As fotografías son un recorrido por eles, dende a ponte indo, río arriba, hacia a tosta da presa, así podedes ver en primeiro lugar o muíño grande e a continuación a casa vivenda, os restos do aserradoiro e o muiño da tosta.

Falarei de cada un deles nas próximas entradas.

Detalles do conxunto dos muíños do corgo.
Antas de Ulla-Monterroso.

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

viernes, 30 de enero de 2009

Pasares de Portosamil















Os pasares, ou pasais, son conxuntos de pedras achantadas no leito do río, de tal forma, que resolvían o paso entre ribeiras sen interrompir as correntes das augas. Emprégabanse en lugares dos ríos con pouca profundidade e certa anchura, pero tiñan o problema de non ser transitables nas épocas de mais caudal.
Moitos fóronse perdendo pero aínda temos exemplos no Ulla como o de Portosamil, moi preto das pontes nova e vella da Pedriña.

Portosamil.
A Pedriña.
Antas de Ulla-Monterroso

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

jueves, 29 de enero de 2009

Porta de Olveda














Non deixan de fascinarme estas pequenas obras de arte, reliquias dun pasado de ferreiros artesáns que, inmunes a modas e aos aires desta invernía, seguen a cumprir co seu labor.

Dunha porta da parroquia de Santa María de Olveda.
Antas de Ulla

miércoles, 28 de enero de 2009

O esmoleiro de Verín




















Ata onte, eu cría que en Verín había un peto das ánimas, pero lendo un libro de Fernández de la Cigoña souben da diferencia entre peto das ánimas e esmoleiro.
As construccións poden ser similares, pero o peto contén no seu interior un retablo no que se representas as ánimas penando no Purgatorio ou no seu defecto unha inscrición que faga referencia expresa a elas, contén ademáis un caixón para as esmolas que se aplican a salvación destas. Pola contra, o esmoleiro, contén unha imaxe de Cristo, a Virxe ou dun santo, e pode ter, ou non, caixón.
Segundo este libro, "Esmoleiros, petos e cruceiros de ánimas de Lugo", o de Verín foi feito por orden de Manuel García Oro nos primeiros anos do século XX e pertence a casa que atopa case o seu carón. No seu interior había unha imaxe de San Roque ou San Antonio (santos agrícolas por excelencia) que foi roubada e que xa non se atopaba nel no ano 1975.

Deixo así correxida a entrada do Peto das ánimas.

Esmoleiro de San Roque de Verín.
Parroquia de San Lourenzo de Peibás.
Antas de Ulla

martes, 27 de enero de 2009

San Salvador de Merlán















Retomo a entrada da miña Árbore de Nadal antes de que se me esqueza.

San Salvador de Merlán é un pequeno edificio románico de finais do século XII. A súa entrada principal foi reformada no século XVI pero o dintel da porta sur permaneceu intacto.

A árbore da vida, aquí flanqueando unha dobre lazada, é un motivo escaso no rómanico galego (Toques, Meira, Sarria e Saamasas o teñen) aínda que tamén aparece noutra igrexa da Ulloa, na de San Miguel de Coence (Palas de Rei). A súa orixe está no libro bíblico do "Génesis": a árbore que confería a inmortalidade, e que na Idade Media era empregado como unha representación da resurección de Cristo.

Detalle do dintel da porta sur.
San Salvador de Merlán.
Palas de Rei