jueves, 12 de marzo de 2009

San Miguel de Coence
































Construída entre os anos 1150 e 1160. Nelea traballaron canteiros procedentes da igrexa de San Salvador de Balboa. No arco triunfal do seu interior, igual que en Balboa, conserva capiteis historiados dos que aínda non conseguín facer unha foto (todo se andará) e unha pía baustimal románica decorada con vexetais e unha cabeza humana.

Porta principal e detalles dos capiteis.
San Miguel de Coence.
Palas de Rei.

miércoles, 11 de marzo de 2009

O balneario de Frádegas III
















































Na parte dereita do patio atópanse as salas de baño. Alí perviven os restos da caldeira, a polea e o tanque que almacenaba a auga que logo era distribuída polas 5 salas de baños que se sitúan o longo do pasillo contiguo. Salas individuais, duns catro metros cadrados, que ainda conservan as bañeiras e que tiñan (e teñen) unhas fermosas vistas o río Ulla.

Detalles da caldeira, polea é tanque da auga.
As Augas de Frádegas.
Parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante.
Antas de Ulla.

Mira polas fiestras da sala de baños na Outra Ulloa

martes, 10 de marzo de 2009

O balneario de Frádegas II




























A xente segue achegándose ó balneario a coller auga, por iso o acceso a fonte é, prácticamente, o único espazo do patio libre de silvas.
O que mais chama á atención dos novos visitantes é ese cheiro a ovos podres tan característico das augas axofradas, que desaparece cando leva uns poucos minutos dentro dunha botella. Esta auga, bebida, era empregada para problemas do aparato dixestivo e do fígado (descoñezo como lle iría isto os riles). En baños empregabase para problemas da pel (soriasis, por exemplo) e para a reuma.
Podedes atopar unha analise química da auga (feita en 1994) e mais detalles do balneario na páxina www.esgalicia.com.

Porta de acceso á fonte e detalle dos caños.
As Augas de Frádegas.
Parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante.
Antas de Ulla.

Atravesa ó espello cara A outra Ulloa e mira tralas fiestras

lunes, 9 de marzo de 2009

O balneario de Frádegas I










































Resistindo ó abandono como ninguhas outras, érguense as pedras do antigo Balneario das Augas de Frádegas. Descoñezo a data na que foi feito por pero xa en 1877, Nicolás Taboada Leal fala del no seu libro "Hidrología Médica de Galicia. Noticias de las aguas mineromedicinales de las cuatro provincias de este antiguo Reino", onde di que ten unha clientela de unhas 500 personas ó ano e engade que noutro tempo eran mais concurridas. No 1890, Cecilo Neira Nuñez , catedrático de farmacia da Universidade de Santiago, escribe un artigo titulado "Noticias de las aguas mineromedicinales de Frádegas (Antas, Lugo)" onde expón os resultados das súas analises da auga.
O balneario, que na súa primeira época era propiedade dos señores do Pazo de Leilón e xa no século pasado foi vendido ó "Roxo de Cabana" (pai dos actuais donos, os irmáns Santos Barros), está formado por varias edificacións unidas entorno dun patio central. Accédese polo único espazo que non pecha o patio, entre o edificio onde estaba a capela (entrado á esquerda) e a vivenda principal. Na planta baixa desta última, e ocupando un lugar central, atópase a fonte das augas axofradas (sulfurosas) e, nos edificios do lado contrario, pódense ver (aínda) á caldeira e os restos das salas de baños. Deixou de funcionar na segunda metade da década dos sesenta por falta de clientela.

Vista xeral dos edificios e fachada traseira.
As Augas de Frádegas.
Parroquia de Santa Mariña de Castro de Amarante.
Antas de Ulla.

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

lunes, 2 de marzo de 2009

O sartego dobre de Albá


























Na praza da igrexa, a carón do peto das ánimas e do cruceiro, hai unha fonte xunto cun sartego (sarcófago) dobre. Non se sabe de onde veu nin quen o colocou alí pero, dende sempre, a xente empregouno para botar a auga que sacaban a caldeiros da fonte e, así, dar de beber ó gando.
Na aldea todos o recordan alí cumprido coa súa función e, a min, paréceme ben que alí siga aínda que xa poucas vacas beban nel.
Da súa historia hai pouco que dicir, non ten inscricións e eu diría que é medieval por iso de que na Baixa Idade media existiu o costume dos enterramentos dobres pero é pura especulación. Otero Cebral di que podería ser visigodo e eu sei que estes facían enterramentos antropomorfos.
Na Ulloa existe outro igual xunto a igrexa de Amoexa, estaba dentro dunha casa que agora derrumbaron e empregábase como salgadoiro da carne da matanza, por sorte o sartego segue a bo recaudo.

Detalle do sartego e a fonte.
Santiago de Albá.
Palas de Rei