viernes, 6 de febrero de 2009

As pinturas de Vilar de Donas II


[TRANSCRICIÓN DO PÁRRAFO REFERIDO AS PINTURAS MURAIS, DE VILAR DE DONAS INCLUIDO NO FOLLETO INFORMATIVO SOBRE A IGREXA QUE EDITOU A ASOCIACIÓN "OS LOBOS"]



"Aplicadas mediante a técnica do temple sobre unha fina capa de revoco, datan de finais do século XIV e comenzos do XV e atribúense a varios autores, un dos cales deixou escrito: "ENNO ANO DE MILL CCCCXXXIV (1.434) PETRUS NUNI (ou MUNI) DE TURIS (ou BURIS) ME FECIT". Están consideradas unha das mostras pictóricas máis importantes descuberta en Galicia.


BÓVEDA: (1) O Pantocrátor (O Salvador) sentado sobre o arco da vella co Mundo ós seus pés e rodeado por unha Mandorla que suxeitan dous anxos

PARTE CENTRAL: O tema da anunciación:O Anxo San Gabriel (4) e a Virxe María(5), por enriba o Rei Dabid (2) e o Profeta Xeremías (3), onde se pode Ler: "YO PROFETIZE DE VOS VIRGEN MARIA COME EL SALVADOR DE VOS NACERÍA". Na parte baixa un Anxo durmido (6) e outro esperto (7) fan referencia ó Antigo e ó novo testamento respectivamente. O Cristo das Dores(9) no centro, e a esquerda deste Xoán II e María de Aragón (8) (aínda que algúns confúndenos erroneamente coas Donas), á dereita o Príncipe Henrique, futuro Henrique IV (10)

PARTE ESQUERDA: Santa Catarina de Alexandría coa espada (11), Sibila de Eritrea (12), San Pedro (13) e San Paulo (14).

PARTE DEREITA: Santa Bárbara co castelo (15), o Profeta Daniel (16), San Andrés (17) e Probablemente Santiago (18)."



Se desexades ver o folleto informativo "A igrexa de San Salvador- Vilar de Donas" podedes solicitalo a Asociación "Os Lobos" no enderezo:
vilar_das_donas@ole.com

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

jueves, 5 de febrero de 2009

As pinturas de Vilar de Donas








































Moito hai que falar das pinturas de Vilar de Donas, da súa iconografía e do seu actual estado, así que, pouco a pouco.

Mentras podedes ler a opinión dunha experta e de paso atravesade o espello

Detalles das pinturas da abside.
Vilar de Donas
Palas de Rei

martes, 3 de febrero de 2009

Os muíños do Corgo IV


























O muiño da tosta e o mais antigo, ten dúas pedras de moer e vivenda na parte alta. O seu carón había un galpón para os cabalos e a moenda que fai tempo perdeu o seu tellado. De todo o conxunto dos muíños do Corgo, dada a sua situación, era o primeiro o primeiro en recibir a auga encorada.

Detalle do muíño da tosta.
Antas de Ulla.

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

lunes, 2 de febrero de 2009

Os muiños do Corgo III

























































Do edificio do aserradoiro só se conservan as paredes. Podese ver o emprazamento da antiga noria (na terceira fotografía), onde aínda se atopa a entubaxe da auga que era desviada da canle para darlle movemento e, facer así, que o carro de corte funcionase. A auga non empregada nesta labor continuaba curso pola canle cara o muiño grande.

Detalles do aserradoiro.
Monterroso.

Atravesa o espello cara A outra Ulloa

domingo, 1 de febrero de 2009

Os muíños do Corgo II







































O muíño grande é o primeiro que se atopa a carón da ponte. Muíño de dúas pedras con vivenda na sú parte superior. Hai que destacar del a altura que alcanza en referencia co leito do río, o tanque que recolle a auga en forma de represa (vese cheo na segunda fotografía) e a longura da súa canle (na terceira foto).

Detalles do muíño grande.
Monterroso.