A igrexa de San Salvador de Sambreixo é de orixe románica e está datada a súa construción entre finais do século XII e primeiros do XIII. En 1918 sufriu varias reformas que variaron a planta da igrexa ó serlle engadida unha capela no muro norte do presbiterio.
Sobre a parede do muro sur la igrexa, hai unha serie de pinturas moi deterioradas e que, segundo din os veciños, ocupaban o dobre de espacio do que na actualidade se conserva. Esas pinturas foron estudadas no 1979 na tesis doctoral de José Manuel García Iglesias"La pintura del Renacimiento en Galicia", pero a tesis permanece inédita. Jaime Delgado, recollendo o que escribe delas a Gran Enciclopedia Gallega di "En los parametros de la nave de la iglesia parroquial, románica, se conservan fragmentos de pinturas murales, posiblemente del s. XVI, con representaciones de los misterios de Cristo, como la Adoración de los Magos, el Nacimiento de Cristo y otros".
Na actualidade, e para miña decepción, as pinturas sofren un deterioro arrepiante por causa das humidades e do abandono que sufriron por parte de quen tivese a responsabilidade de encargarse da súa conservación (a igrexa e as administracións).
Quero, con esta entrada, denunciar publicamente o grave deterioro que sofre a pintura mural medieval que conservamos na Ulloa. Pinturas de cincocentos, catrocentos e trescentos anos que están a perderse de maneira irrecuperable, sen que autoridades e igrexa poña remedio, porque sempre, a falta de cartos, está por enriba de todo. Vilar de Donas é un exemplo, pero aquí, neste mesmo espazo tedes outros moitos pulsando na etiqueta
Pintura Mural.
Quero tamén aproveitar para agradecerlle a
Pepa Roig todas as súas explicacións, fíxome ver a importancia deste patrimonio esquecido e a necesidade urxente de tomar medidas que freen o seu deterioro e a súa perda irreversible.
Xeral e detalles dos restos que se conservan das pinturas.
Sambreixo.
Monterroso.