A proximidade do río Irixe á aldea de Marzán fixo que os veciños aproveitarán ese recurso para colocar os seus muíños. En menos dun quilómetro atópanse seis, algúns en bo estado, noutros, as silvas non permiten nin achegarte a eles. A lousa e o esquisto seguén a estar presentes na súa construcción, empregada tamén nas tostas das presas (foto 3).
Aquí tedes o muíño de Fente (foto 1) co seu rodicio (foto 2) e a súa tosta (foto 3), o muíño do Souto (foto 4) e a Aceña (foto 5), muiño con vivenda recuberto con tantas silvas e mato que case non deixan nin velo.
Algúns dos muíños de Marzán.
Marzán.
Monterroso.
Pasea pola beira do río na Outra Ulloa
2 comentarios:
este parece casa de meiga
Cando queiras lévote a velo. Vale a pena pasear por toda a aldea.
Publicar un comentario