Na primaveira do 2005 hubo un incendio na zona da Somoza, foi afectado todo o castro é unha pequena parte da Uceira. Daquelas subín á Somoza para ver como lle afectara o lume ó recinto.
Sen o mato que ata entón o cubría era doado velos contornos, restos de edificacións e as murallas perfectamente delimitadas. Agora, de novo cuberto de verde, non é tan doado entrar nel, ó que ata certo punto me alegra porque é unha forma de non poñerlle a cousas fáciles ós piratas do noso patrimonio.
Nas fotografías tedes, en primeiro lugar, unha vista do castro e da aldea da Somoza (na que se aprecia perfectamente o recinto) tomada dende Coto Redondo, restos de edificacións (fotos 2 e 4) e o interior do castro visto dende a muralla (foto 3).
Detalles do castro da Somoza.
A Somoza.
Parroquia de Santa Cristina de Areas.
Antas de Ulla
Atravesa o espello cara A Outra Ulloa
6 comentarios:
Concordo contigo en que o manto vexetal é o mellor camuflaxe para protexerse dos piratas do patrimonio. Ademáis ver todo queimado como estivo daba pena.
Gústame máis como está hoxe.
Sí, queimado daba pena pero era sorprendente ver tódolos restos (que espero sigan alí) e ter unha idea moito mais clara do que no seu tempo foi (ademais de servir para gardar ovellas).
Recoméndoche que subas ata Coto Redondo (os castros da Agüela)para velas vistas (IMPRESIONANTE!). Podes ir en coche ata alí subindo pola pista do eólico (cruzas dende a Somoza ó concello de Rodeiro e na primeira aldea ves indicadores do parque, hai unha graxa xusto enfrente da pista). Deixa o coche nos muíños e vaixa a pé bordeando os castros, hai uns penedos (un destes días saco fotos deles porque son realmente singulares) un pouquiño mais a baixo e dende alí mira (mirar non é ver, xa sabes)e disfruta.
Xa me contarás.
Coñezo o castro, visiteino en tres ocasións. A última vez era unha toxeira enorme. Sei que ardeu pero aínda non fixen por ir velo.
Por certo, que lin no último libro de Fernando Cabeza Quiles que Somoza é un nome que procede do latinismo "sub montia" (por debaixo do monte). Aquí vénlle moi apropiado.
Saúdos. Excelentes reportaxes sobre o patrimonio da Ulloa.
Tes un agasallo e unha encomenda en http://terrasdefriol.blogspot.com/.Felicidades
Moitas Gracias Friol!
Coñezo o itinerario que me propós, e xuraría que xa teño estado por alí; pero non atino a lembrar os penedos que dis...
Publicar un comentario