Esta igrexa, feita no primeiro cuarto do século XIII, tan só conserva do edificio románico unha parte dos muros laterais e o testeiro da capela.
Dos laterais hai que destacar un curioso canzorro en forma de coello, animal nada frecuente na iconografía románica do sur de Lugo, aínda que sí se pode ver outro en Asparelo que pertence o concello veciño da Ulloa. No mesmo lateral consérvase unha inscrición na que se le PALIO, pero descoñezo a que fai referencia.
No testeiro, sobre a fiestra, hai outro canzorro curioso dun animal (¿felino?) cun rolo entre os dentes, ben marcados, por certo.
Detalles dos canzorros e do testeiro. Detalle da inscrición.
Lodoso.
Monterroso.
Pasea por Lodoso atravesando o espello cara A Outra Ulloa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario